Fado
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Fado é un estilo musical portugués. Xeralmente é cantado por unha soa persoa (fadista) e acompañado por viola e guitarra portuguesa. Os temas máis cantados no fado son a saudade, a nostalxia, a señardade ou as pequenas historias do cotián dos bairros típicos.
A palabra fado vén do latín fatum, ou sexa, "destino". De orixe obscura, terá surxido probabelmente na primeira metade do século XIX. Hai quen sinala na súa xénese unha síntese de xéneros musicais brasileiros, na altura de grande popularidade en Lisboa, como o lundun e a modiña.
A primeira cantadeira de fado da que se ten coñecimento foi Maria Severa.
Índice |
[editar] O fado de Coimbra
Fado tradicional de Coimbra, moi ligado ás tradicións académicas da Universidade de Coimbra. É exclusivamente cantado por homes. Tanto os cantores coma os músicos vesten de negro. Os temas respectan os amores estudantís e o amor pola cidade. O máis coñecido dos fados de Coimbra é Coimbra é unha canción, que tivo un éxito salientable en toda a Europa coa letra Avril au Portugal.
[editar] O fado de Lisboa
É cantado tipicamente nas "casas de fado" tanto por homes como por mulleres. As mellores casas de fado encóntranse nos bairros típicos de Alfama, Mouraria, Bairro Alto e Madragoa. Ten como característica fundamental o cantar con tristura e con sentimento mágoas pasadas e presentes, mais tamén pode contar unha historia divertida con ironía, malia que son as menos. Tivo o seu expoñente máximo con Amália Rodrigues.
[editar] Fadistas
- Maria Severa
- Alfredo Marceneiro
- Amália Rodrigues
- Lucília do Carmo
- Carlos do Carmo
- Maria Teresa de Noronha
- Maria da Fé
- Camané
- Cristina Branco
- Dulce Pontes
- Fernando Farinha
- Maria Ana Bobone
- Mariza
- Mísia
- Nuno da Câmara Pereira
[editar] Guitarristas
- Carlos Paredes
- António Chainho
[editar] Ligazons
- Terreiro do Fado
- O Fado na Holanda
- Alguns fadistas e lugares
- Fado: a alma de um povo
- Rádio Fado
- Rádio Novas Divas do Fado
- Rádio Fado de Portugal
- Casas de fado de Lisboa
- Jogo sobre o fado e os fadistas
- Grupo Canção de Coimbra
- Capas Negras – Grupo de Fados de Coimbra – História do Fado de Coimbra
- Orfeon Académico de Coimbra - O organismo mais antigo de Coimbra, um marco na história do fado