Mariza
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Mariza é unha fadista portuguesa nada en Mozambique o 16 de decembro de 1973, mais que se mudou para Portugal coa idade de tres anos. Na ‘‘Mouraría”, onde creceu, trabou coñecemento co fado.
Mentres foi adolescente e ata asumir o fado cantou diversos xéneros musicais como, gospel, soul e jazz.
En 1999 chega ao gran público pola man da TVI que transmitiu en directo as homenaxes a Amália Rodrigues nos coliseos de Lisboa e do Porto.
Mariza ,co seu segundo álbum, xa é considerada unha das máis belas voces do que algúns chaman de "novo movemento do fado". As súas interpretacións apaixonadas e a súa voz que lembra as grandes divas do xénero, como a eterna Amalia Rodrigues, fixeron que Mariza gañase recoñecemento internacional en pouco tempo, o que xa lle rendeu premios respectables como o de Mellor Artista de World Music da BBC londinense, en 2003.
O seu álbum de estrea, "Fado em Mim" (2001), foi éxito instantáneo en Portugal, vendendo máis de 30 mil copias, e motivou o lanzamento, pola súa gravadora, noutros mercados internacionais aproveitando o bo momento que a música portuguesa ten en territorio europeo e noutros países, como o México e o Xapón.
Índice |
[editar] Discografía
- Fado em Mim 2001
- Fado Curvo 2003
- Mariza Live in London DVD 2004
- Transparente 2005
[editar] Premios
- Con apenas dous discos, Mariza vendeu cerca de medio millón de copias en todo o Mundo, das cales 200.000 en Portugal.
- Fado em Mim está editado en 32 países.
- Triplo álbúm de platino, por Fado em Mim, pois vendeu máis de 120.000 copias.
- Mellor CD de Música Tradicional, Étnica, Folk e Worldmusic 2001, atribuído pola crítica Alemá - Deutscheschalplatten Kritik - co CD Fado em Mim
- Mellor actuación do Festival d’Été de Quebec (Premier Award-most outstanding performance.)
- 24 de marzo de 2003 Mellor Artista da Europa de World Music atribuído pola BBC Radio 3 no Teatro Ocean, en Hackney, Londres.
- 23 de xaneiro de 2004 Medalla de Mérito Turístico (grao ouro) da Secretaría de Estado do Turismo. Premio asociado á contribución dada para a promoción da imaxe de Portugal no estranxeiro.
- Volve a recibir en 2003 da crítica Alemá, o Premio mellor CD de Música Tradicional, Étnica, Folk e Worldmusic 2003- Deutscheschalplatten Kritik - mais co CD Fado Curvo
- maio de 2003 A BBC considera "Fado Curvo" o CD da semana.
- Premio Personalidade do Ano 2003, atribuído pola Asociación de Prensa Estranxeira en Portugal, pola divulgación de Portugal e da cultura portuguesa.
- 25 de xaneiro de 2004 recibe o premio European Border Breakers Award
- Premio Personalidade Marketing 2003 na área de Cultura e Espectáculos, pola Asociación Portuguesa de Profesionais de Marketing
- O Xornal 24Horas considéraa a revelación do Ano de 2003
- Duplo album de platino, Fado Curvo.
- Premio Personalidade do Ano 2004, na area da música, atribuído polos lectores da revista Lux.
[editar] Participacións
- Interpretou o Himno de Portugal na cerimonia de apertura das conmemoracións do 25 de abril de 2004.
- Cantando A thousand years en dueto con Sting, fixo parte do álbum oficial dos Xogos Olímpicos de Atenas 2004, Unity
- Foi a primeira artista portuguesa en participar no programa Later with Jools Holland da BBC
- Entra na colectánea World 2002, seleccionada por votación do público.
- Cantou o Himno Nacional no inicio do xogo da selección de Portugal coa selección da Corea cando do Mundial de fútbol realizado nese país.