New Immissions/Updates:
boundless - educate - edutalab - empatico - es-ebooks - es16 - fr16 - fsfiles - hesperian - solidaria - wikipediaforschools
- wikipediaforschoolses - wikipediaforschoolsfr - wikipediaforschoolspt - worldmap -

See also: Liber Liber - Libro Parlato - Liber Musica  - Manuzio -  Liber Liber ISO Files - Alphabetical Order - Multivolume ZIP Complete Archive - PDF Files - OGG Music Files -

PROJECT GUTENBERG HTML: Volume I - Volume II - Volume III - Volume IV - Volume V - Volume VI - Volume VII - Volume VIII - Volume IX

Ascolta ""Volevo solo fare un audiolibro"" su Spreaker.
CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Fala de Estremadura - Wikipedia

Fala de Estremadura

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Coñécese como a Fala unha variedade lingüística galego-portuguesa que se emprega no Val do Río Ellas, no noroeste de Cáceres (Estremadura) declarada Ben de Interese Cultural pola Junta de Extremadura o 20 de marzo de 2001. Outra denominación coa que se coñece é o de galego de Estremadura, a denominación valego proposta por Costas apenas se emprega fóra de ambientes académicos galegos. Tradicionalmente non hai un nome propio que abranga as tres modalidades que se falan en cada un dos tres concellos do val, o mañego en San Martín de Trebello, o valverdeiro en Valverde do Fresno e o lagarteiro nas Ellas.

Índice

[editar] Falantes

No Val hai uns 5.000 falantes destas tres falas, ademais como consecuencia da emigración hai uns 3.000 nados no val que viven fóra e que manteñen un uso familiar da fala reforzado por pasar o período estival do val moitos deles. A fala é a lingua habitual da poboación coa excepción dos funcionarios, Garda Civil e outra xente nada fóra do Val. Non hai perda lingüística entre as xeracións máis novas, aínda que Valverde amósase como o concello máis castelanizado. A partir de 1960 o número de castelanismos da lingua falada aumentou progresivamente debido á escola, ao servizo militar e aos medios de comunicación.


[editar] Estudos e filiación

As primeiras referencias filolóxicas coñecidas sobre a fala realizáronas Fritz Krüger (1925) e Otto Fink (1929) ao estudar o castelán dialectal da zona, José Leite de Vasconcelos fixo unha investigación máis polo miúdo (1929 e 1933), aínda mostrando fenómenos que nunca se volveron a rexistrar nos sucesivos estudos e que o achegaban ao portugués, e a opinión era unánime en canto referirse a el como un portugués dialectal. O primeiro investigador en referirse a esta fala como de orixe galega, comparándoa cos foros de Castelo-Rodrigo (1209) e relacionándoo coa posible chegada de poboadores galegos á zona nos séculos século XII e XIII foi Lindley Cintra en 1959: "O falar fundamentalmente galego, mas com leonesismos, de Castelo Rodrigo e Riba-Coa no séc. XIII, o falar também essencialmente galego da região de Xalma, outra coisa não são, segundo creio, do que falares destes núcleos de repovoadores galegos tão frequentemente recordados pela toponímia". Clarinda de Azevedo tamén se refire a esta repoboación pero desbota a galeguidade da fala afirmando a súa pertenza a un galego-portugués arcaico e polo tanto máis próximo ao galego actual có portugués. José Luis Martín Galindo cre que as falas son anteriores a unha posible repoboación galega, pero esta tese non conta con outros partidarios.

Xosé Henrique Costas González nos seus estudos afirma a galeguidade destas falas establecendo a súa orixe na repoboación por galegos nos séculos XII e XIII e a interferencia de leonesismos como consecuencia dun longo contacto co leonés, a existencia de palabras galegas na Serra de Gata e no suroeste de Salamanca podería indicar que a extensión da fala na Idade Media fora maior. Frías Conde tamén se mostra partidario da galeguidade destas falas. José Enrique Gargallo Gil fala dun galego-portugués fronteirizo e arcaizante admitindo unha maior vinculación co galego que co portugués. Juan Manuel Carrasco González clasifica a fala como a terceira variedade do galego-portugués.

No ano 1999 celebrouse un Congreso sobre a Fala coa intervención dos principais investigadores sobre a fala.


[editar] Coñecemento da fala en Galicia

A fala comezou a se coñecer en Galicia en 1991 cando Antón Reixa entrevista en Sitio Distinto, un programa da Televisión de Galicia, a Tomás Fernández Vázquez, un camioneiro de Valverde que fala na súa modalidade, o que esperta o interese do filólogo galego Francisco Fernández Rei, quen llo comenta a Xosé Henrique Costas González, este vai ó val para facer un primeira enquisa linguística, en abril de 1992 Costas fala na Radio Galega sobre a situación da fala e en maio na presentación dos Premios da Crítica de Galicia Costas refírese á existencia da fala, o que ten como consecuencia que xornais como El Correo Gallego, Diario 16 de Galicia ou A Nosa Terra recollan esa existencia sen moitas máis explicacións. En setembro de 1992 Costas publicou o primeiro artigo sobre a fala en Galicia e en galego na revista A Trabe de Ouro e organizou unha excursión de estudantes da Universidade de Vigo, que fundan a Asociación Cultural Alén do Val, para realizar un traballo de campo lingüístico que en xaneiro de 1993 obtén un premio nun certame de investigadores novos, os cartos dese premio posibilitan a relización de dúas viaxes máis para un traballo de campo máis detallado (outubro de 1993 e xaneiro de 1994) e publican o Primeiro Calendario do galego do Val das Ellas. O 13 de marzo de 1994 o programa Informes TVG dedicou unha ampla reportaxe á fala, facendo posible o seu coñecemento fóra dos ambientes culturais.

[editar] Literatura

O primeiro escrito coñecido na fala é un conto en mañego, Cuadro de Costumbres publicado por José López Vidal na Revista de Extremadura no ano 1910. Isabel López Lajas escribiu sainetes en valvedeiro nos anos 30 e 50, recoñecía a súa fala como galega ("como temus esta fala galega") Domingo Frades, mañego e membro da Real Academia Galega e autor de Versos de un verán (1977), As Ellas y o sei castelu (1980), Algu sobre a nossa fala 1 e 2 (1975) Vamus a falal (1994).
Severino López das Ellas publicou o primeiro libro en lagarteiro en 1994: Topónimus d'As Ellas y rimas en Lagarteiru.
Ambrosio López (irmán de Severino) das Ellas escribiu poesía inédita, incluíndo o himno oficial das Ellas.
Outros autores son Antonio Corredera de Valverde, Fernando López Noche das Ellas, Juan Carlos Márquez Durán das Ellas, David Carrasco, valverdeiro, que escribiu un diario inédito.

[editar] Usos sociais

Os letreiros das rúas están en lagarteiro nas Ellas e en castelán e mañego en San Martín. Existiu unha emisora de radio, Radio Valverde, que emitía media hora en valverdeiro e a revista A Nosa Fala (que foi o voceiro de Fala i Cultura). o trimestral Anduriña, en lagarteiro, edítano Fala i Cultura e Amigus d'As Ellas i du sei castelu.
A Asociación Fala i Cultura do Val do Ríu Ellas constituíuse o 3 de agosto de 1991, nos seus estatutos fundacionais figura a catalogación da súa lingua como galego de Estremadura. Celebra todos os anos o Día da Fala. Tamén ese 3 de agosto os alcaldes dos tres concellos subscribiron un documento coñecido como o Manifesto dos alcaldes no que se demandaba ás autoridades provinciais e autonómicas a adopcións de medidas para a conservación da fala.

É habitual que os carteis e programas das festas estean na fala, así como representacións de teatro infantil e existen cursos para funcionarios locais da variedade de cada concello.

[editar] Filiación

Debátese entre os lingüistas se é a terceira póla do galego-portugués ou unha variedade derivada do galego antigo. Existen outras posturas minoritarias, ben como fala autóctona ben como variedade do leonés meridional.

[editar] Ligazóns

Outras linguas

Static Wikipedia (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2007 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2006 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu

Static Wikipedia February 2008 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu