Fermión
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Na física de partículas os fermións son partículas de espín semienteiras e obedece á estatística de Fermi-Dirac. O nome é unha homenaxe ó físico italiano Enrico Fermi.
Todas as partículas elementais son fermións ou bosóns (agás o hipotético plektón), os fermións son as partículas que constitúen a materia e divídense en dous grupos: hadróns e leptóns en función de se sofren ou non, respectivamente, a interacción nuclear débil.
Os electróns son fermións, e isto é de gran relevancia para a química (e para o mundo físico tal e como o coñecemos), pois o principio de exclusión de Pauli fai posible o enchido de diferentes orbitais, coa conseguinte aparición dos diferentes elementos químicos.
Partículas fundamentais en Física (lista, táboa) | ||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Fermións | Bosóns de Gauge | |||||||
Quarks | Leptóns | Bosóns W e Z | Fotón | Gluón | ||||
Arriba | Encantado | Cúmio | Electrón | Muón | Tau (tauón) | Bosóns hipotéticos | ||
Abaixo | Extrano | Fondo | e-neutrino | μ-neutrino | τ-neutrino | Gravitón Bosón de Higgs |