Frederick Banting
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Frederick Grant Banting (Alliston, Ontario 1891 – Terranova 1941) foi un médico e científico canadiano, premio Nobel de Medicina en 1923.
Estudou medicina na Universidade de Toronto, logo de se graduar en 1916 serviu no Corpo Médico Militar durante a Primeira Guerra Mundial. Trala fin da guerra regresa a Canadá e completa a súa formación como cirurxián ortopédico en Toronto. En xullo de 1920 comeza a súa práctica médica na Universidade de Ontario Occidental en London, Ontario, alí o 31 de outubro de 1920 veulle á mente un método para illar a secreción interna do páncreas, un paso crucial para tratar a diabete. Fascinado coa súa idea marcha a Toronto e o 17 de maio de 1921 e comeza a súa investigación na Universidade de Toronto con Charles Best como axudante e baixo a supervisión de John Macleod: posteriormente incorporariase o químico James Collip, que conseguiu conseguir un extracto do páncreas, que se denominou insulina.