Fredrik Reinfeldt
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
John Fredrik Reinfeldt (nado o 4 de agosto de 1965, en Haninge) é o primeiro ministro sueco e líder do conservador Partido Moderado. Foi elixido líder da súa formación o 25 de outubro de 2003, sucedendo no cargo a Bo Lundgren. Logo das eleccións lexislativas do 17 de setembro de 2006 converteuse en primeiro ministro de Suecia.
Índice |
[editar] Biografía
Reinfeldt naceu na viliña de Österhaninge, en Haninge, na provincia de Södermanland e medrou en Tensta, Estocolmo. Xa de mozo se integrou nas mocidades do Partido Moderado, e foi un activo militante durante o seu tempo de estudo na Universidade de Estocolmo, onde se licenciou en Económicas en 1990.
Foi escollido como deputado nas eleccións lexislativas de 1991 cando os conservadores do Partido Moderado regresaron ao goberno da man do seu líder, o primeiro ministro Carl Bildt. Nese tempo foi secretario xeral das mocidades da súa formación, impoñéndose á facción máis liberal.
Baixo o liderado de Reinfeldt, que comezou en 2003, a súa formación gañou espazo cara ao centro do espectro político, e fixo do recurtamento de impostos nas clases medias a súa bandeira. Ao mesmo tempo, reduciu a súa belixerancia con respecto ao estado do benestar sueco. Á fronte da Alianza por Suecia, integrada por conservadores, liberais, centristas e democratacristiáns, conseguiu derrotar por estreita marxe o primeiro ministro socialdemócrata Göran Persson.
[editar] Trivia
Reinfeldt está casado coa súa muller Filippa e ten tres fillos. Vive na viliña de Täby (Uppland), onde é concelleiro. É seareiro do equipo de fútbol Djurgårdens IF.
[editar] Bibliografía
- (1993) Det sovande folket
- (1993) Projekt Europa: sex unga européer om Europasamarbetet
- (1995) Nostalgitrippen
- (1995) Stenen i handen på den starke
- (2001) Väljarkryss: personvalshandbok