Friedrich Engels
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Friedrich Engels (28 de novembro de 1820 - 5 de agosto de 1895), economista e pensador alemán, principal colaborador e coautor da maioría das obras de Karl Marx, xunto co que desenrolou a teoría comunista.
[editar] Biografía e obras principais
Engels naceu na Alemaña en 1820 no seo dunha familia adiñeirada. A pesares disto, debeu abandonar cedo os seus estudos para adicarse a traballar de dependente. Sen embargo, comezou a estudar de xeito autodidacta nos ratos libres que lle concedían o seu traballo e a súa familia. Ao igual que sucede con Marx, a filosofía hegeliana exerce unha grande influencia sobre el. En 1842 coñece a Marx, feito que cambiaría radicalmente a súa concepcion das teorías revolucionarias e socialistas existentes até o momento. Nestes anos, tamén, retoma aos seus estudos oficiais, en concreto de economía política. A liña ideolóxica do seu pensamento resúmese en A situación da clase obreira en Inglaterra, que publica en 1844. Neste mesmo ano transládase a París, onde se entrevista con Marx. A posta en común das súas ideas, moi cercanas, lévaos a colaborar definitivamente a partires desa data. Esta amizade perduraría até a morte de Marx en 1883.
Se Marx se ocupou dos aspectos políticos, Engels inclinouse polo estudo da economía política. En colaboración con este publicou A Sagrada Familia, A ideoloxía alemana e o Manifesto do Partido Comunista, obra de grande repercusión nos séculos XIX e XX.