Guillaume Apollinaire
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Guillaume Apollinaire (nado como Wilhelm Albert Vladimir Apollinaris de Kostrowitzky en Roma o 26 de agosto de 1880 - París 9 de novembro de 1918). escritor e crítico de arte francés.
Fillo dunha condesa polaca, dende 1902 foi un dos membros máis populares do barrio artístico parisino de Montparnasse, tivo por amigos e colaboradores a Pablo Picasso, Max Jacob, André Salmon, Marie Laurencin, André Derain, Blaise Cendrars, Pierre Reverdy, Jean Cocteau, Erik Satie, Ossip Zadkine e Marcel Duchamp. En 1909 publicou o seu primeiro libro O encantador en putrefacción, baseado na lenda de Merlín e Viviana. Os seus poemarios, O bestiario ou o cortexo de Orfeo (1911) e Alcoois (1913) reflicten a influencia do simbolismo, con importantes innovacións formais; nese mesmo ano apareceu o ensaio crítico Os pintores cubistas, defensa do novo movemento como superación do realismo. Alistouse como voluntario en 1914, ferido de gravidade na cabeza, morreu dous anos despois, vítima da gripe.