Gustav Heinrich Ralph von Koenigswald
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Gustav Heinrich Ralph von Koenigswald (1902-1982) foi un paleontólogo e xeólogo que investigou sobre os homínidos, incluíndo o Homo erectus. Descubriu e estudou fósiles de homínido en Xava e estudou outros importantes fósiles no suleste de Asia.
Natural de Berlín, paleontólogo por vocación, grazas aos contactos do seu mestre consegue entrar no Servizo Xeolóxico das Indias Orientais Holandesas e de 1931 a 1933 traballou no mesmo sitio, Trinil, que Eugène Dubois descubrira o Home de Xava e alí exhumou restos de 11 cranios diferentes que atribuiu a un tipo neandertaloide. Subvencionado pola Fundación Carnegie trasladouse a 75 km de Trinil, en Sangiran, o seu primeiro descubrimento foi unha mandívula inferior con catro dentes intactos e en 1937 atopou un cranio humano, dun Pitecántropo, entre 1939 e 1941 atopou máis restos, os restos foron atribuídos a un Pithecanthropus erectus e hoxe clasificados como Homo erectus.