Home de Xava
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Home de Xava foi un dos primeiros restos de Homo erectus en ser descuberto, fíxoo Eugène Dubois en 1891 en Xava. Non é un especimen completo, senón unha bóveda cranial, un fémur e tres dentes e non está claro que pertenzan ao mesmo individuo.
Dubois pensou nun primeiro momento que estaba diante os restos dun primate e denominouno Anthropopitecus erectus, axiña desbotou esta idea xa que a capacidade da bóveda cranial era maior que o de calquera simio coñecido, entre 800 e 1000 cm³, e o femur era case humano polo que pensou que atopara a criatura que Ernst Haeckel denominaba Pithecanthropus alalus e que el denominou Pithecanthropus erectus, atribuíndoo a un home-mono de idade pliocénica. O que causou sensación no mundo científico xa que deixaba sen saída ao Home de Neanderthal, considerado antecesor do Homo sapiens nese momento, e foi rexeitado por gran parte da comunidade científica.