Harold Acton
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Harold Acton (Villa la Pietra, 1904 - 1994) foi un escritor anglo-italiano, famoso por inspirar o personaxe de Anthony Blanche da novela de Eveliyn Waugh, Retorno a Brideshead (Brideshead Revisited) (1945).
O seu pai proviña dunha familia da aristocracia católica inglesa que viña residindo en Italia dende o século XVIII e a súa nai era filla dun millonario nortemericano, estudou en Eton e Oxford, en 1923 publica o seu primeiro poemario, Aquarium ao que segue en 1925, An Indian Ass, en 1926 regresa a Italia, pero disconforme coa política do réxime fascista viaxa a China en 1932, onde dá clases de inglés na Universidade de Pekín e traduce poemas e contos tradicionais chineses ao inglés, co comezo da Segunda Guerra Mundial, regresa a Inglaterra e entra na Royal Air Force.