Royal Air Force
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Royal Air Force (RAF) é o nome que recibe a forza aérea do exército británico. A RAF formouse o 1 de abril de 1918 e tivo un papel importante na historia militar británica dende entón, actuando na Segunda Guerra Mundial, cun papel moi destacado durante a batalla de Inglaterra, e en conflictos recentes como a guerra en Iraq. A RAF ten ao redor dos 1.000 avións e preto dos 47.000 homes.
A seu contrapunto o puxo a Luftwaffe, a forza aérea do exército nazi, que bombardeou as cidades inglesas do sur fundamentalmente entre agosto de e outubro de 1940. En represalia, a RAF bombardeou Hamburgo.
O dominio do espacio aéreo era a chave para que os alemáns puidesen destruír o enorme poderío naval da flota británica e mesmo houbo un proxecto de invasión das illas, que os aviadores da RAF puideron conter no Canal da Mancha.