Hemorraxia
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
![]() |
dos especialistas médicos. Recomendámoslle que os consulte. |
A hemorraxia consiste na perda de sangue producida pola rotura dun ou varios vasos sanguíneos, ben sexan vasos capilares (feridas leves), venosos ou arteriais. Nestes dous últimos casos, o sangue sae a presión e é preciso actuar rapidamente.
Índice |
[editar] Clasificación
- Hemorraxias internas: rompe un vaso no interior do corpo sen que o sangue saia do mesmo
- Hemorraxias externas: diferénciase do anterior por mor de se producir unha ferida que rache ou corte a pel e que permita que mane ó exterior do corpo un fluxo sangíneo.
- Hemorraxias agudas: vértese velozmente o sangue facendo temer unha inminente desaparición das constantes vitais.
- Hemorraxias crónicas: Soen ser consecuencia dalgunha enfermidade que produce unha perda sanguínea paulatina.
[editar] Actuación ante a hemorraxia interna
Se a hemorraxia interna é producida por unha rotura capilar estaremos ante unha mazadura á cal convirá aplicarlle xeo para, ó contraer mediante o frío os vasos sanguíneos, evitar que o negrón se estenda.
Ante unha hemorraxia interna arterial ou venosa é preciso pedir urxente axuda sanitaria, pois hai perigo de shock. Os síntomas que pode presentar unha hemorraxia interna arterial son
- Elevado ritmo cardíaco.
- Pel pálida
- Deixadez con somnolencia e escasa consciencia.
- Diminución da temperatura corporal superficial.
[editar] Actuación ante a hemorraxia externa
As seguintes actuacións teñen como finalidade acadar que o ferido perda a menor cantidade de sangue posible.
- Presionar a ferida con algún anaco de tecido ou, en carecendo, coa propia man.
- Facer unha comprensiva sen retirar o tecido que tupía a ferida.
- Pór a ferida (especialmente se é nunha extremidade) máis alta có corazón.
- Localizar a arteria que leva sangue á extremidade en que está a ferida e premer na mesma para diminuír o fluxo de sangue:
- Se a ferida é nun brazo, cóllase, situándose detrás da persoa e introducindo a man entre o corpo da persoa e a parte interna da extremidade, o antebrazo. Prémase no suco que hai por debaixo do músculo bíceps.
- Se a ferida é nunha perna, débese premer a arteria femoral. Presiónese, contra o óso, entre a parte interna e frontal da perna por baixo da ingle.
- Fágase un torniquete. O emprego de torniquetes debe estar restrinxido a hemorraxias masivas por mor do risco de necrose da extremidade.
[editar] Investigación
O día 12 de outubro de 2006 anunciouse que un equipo mixto de científicos da Universidade de Hong Kong (dirixidos polo Dr. Xo Kwok-Fai, xefe do Departamento de anatomía) e do MIT (EEUU) anunciou que descubrira por casualidade un composto capaz de frear as hemorraxias en 15 segundos. A investigación inicial pretendía traballar na rexeneración das células cerebrais e centrábase nos roedores, polo que faltaría a súa posible aplicación na cirurxía para humanos (onde o control de hemorraxias consome ata a metade do tempo das operacións). Os resultados publicáronse na revista Nature e, a pesares de non coñecer exactamente a natureza do novo material, supónse que se debe a que os seus péptidos actuan a nanoescala coma un xel protector sobre a ferida. Inicialmente o produto experimentouse para hemorraxias en cerebro, fígado, pel e tecido da medula espinal, para as cales faría innecesario o uso dos habituais sistemas de presión con pinzas, esponxas e aplicación de calor. Cun prazo de inicio de cinco anos para as probas clínicas, non se prevé que o seu uso se xeralice ata o 2016.
[editar] Véxase tamén
Estás en: Ciencias da saúde → Medicina
Parte das ciencias da saúde dedicada ó estudo e á curación de enfermidades. Consta das partes homólogas ás da bioloxía xeral:
- histoloxía
- inmunoloxía ou epidemioloxía
- citoloxía
- fisioloxía
- parasitoloxía e patoloxía
- morfoloxía e anatomía
- farmacoloxía e toxicoloxía
- xenética
daquelas sobre os coidados dedicados a pacientes con determinado perfil:
- sexoloxía, xinecoloxía e androloxía
- obstetricia ou neonatoloxía, pediatría e xeriatría
e outras subdivisións fanse dependendo da doenza ou da localización:
- neuroloxía, nefroloxía, neurocirurxía e psiquiatría
- alergoloxía (con dermatoloxía e pneumoloxía, pois pulmonoloxía é un anglicismo por incrible que pareza)
- otorrinolaringoloxía e oftalmoloxía
- pneumoloxía (pulmonoloxía), cardioloxía, endocrinoloxía, gastroenteroloxía e uroloxía (medicina interna)
- hematoloxía e anxioloxía
- reumatoloxía, podoloxía e ortopedia
- traumatoloxía
- dermatoloxía
- oncoloxía
- anestesioloxía, cirurxía, cirurxía plástica e neurocirurxía
- urxencias e radioloxía
- rehabilitación, coidados intensivos, terapéutica e fisioterapia
Baséase auxiliariamente en disciplinas coma a física, a química, e axuda a outros ámbitos coma na política (planificación da sanidade), a xurisprudencia (coa medicina forense), etc.