Roedor
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Roedores | ||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
o roedor vivente de maior tamaño |
||||||||||
Clasificación científica | ||||||||||
|
||||||||||
Familias | ||||||||||
Varias, ver texto |
A orde Rodentia é a máis exitosa de tódalas ramas de mamíferos. Actualmente hai entre 2000 e 3000 especies de roedores. Recoñécense facilmente pola presenza dun único par de incisivos superiores de crecemento continuo cunha grosa capa de esmalte na parte dianteira. Os machos posúen un óso peneano e as femias útero dobre. Inclúe familias tan coñecidas como esquíos, marmotas, castores, ratos, hamsters, lemmings, ratas, leiróns, ourizos cachos, cobaias, maras, agutís, pacas, chinchillas, falsas lontras, tucu-tucus e centos de especies menos coñecidas.