Henri de Toulouse-Lautrec
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Henri de Toulouse-Lautrec (24 de novembro, 1864 – 9 de setembro, 1901) foi un pintor , impresor e ilustrador francés.
Índice |
[editar] Biogrfía
[editar] Xuventude
Henri Marie Raymond de Toulouse-Lautrec Monfa naceu en Albi, Tarn na rexión francesa dos Midi-Pyrénées, foi o primeiro fillo do Conde Alphonse e a Condesa Adèle de Toulouse-Lautrec.Unha familia de orixe aristocrática que estaba a pasar difíciles momentos, os Toulouse-Lautrecs eran curmáns entre sí; o que fixo que Henri sufrirar unha serie de enfermidades conxénitas debido ós seus pais. No 28 de agosto de 1867 naceu outro fillo do matrimonio , pero non conseguiu sobrevivir ás primeiras semanas de vida.
[editar] Desfiguración
Ós 13 e 14 anos , Henri partiu respetivamente os seus dous fémures. Os osos non conseguiron curarse completamente debido a unha desorde xenética que lle provocara osteoporose o que fixo que as súas pernas cesasen de crecer , chegando só medir 1.4 m de alto debido a esto.
Fisicamente incapacitado para participar nas típicas actividades dun home da súa idade.Toulouse-Lautrec concentrouse na arte. Convertíndose así nun importante pintor posimpresionista , ilustrador do Art Nouveau e litógrafo.