Interpretación de Copenhague
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Interpretación de Copenhague é a interpretación máis común da Mecánica cuántica e foi desenvolvida por Niels Bohr e Werner Heisenberg que traballaban xuntos en Copenhague en 1927. Pode ser condensada en tres teses:
- As previsións probabilísticas feitas pola mecánica cuántica son irredutíbeis no sentido en que non son un mero reflexo da falta de coñecemento de hipotéticas variábeis escondidas. No lanzamento de dados, usamos probabilidades para prever o resultado porque non posuímos información suficiente a pesar de considerarmos que o proceso é determinístico. As probabilidades son utilizadas para completar o noso coñecemento. A interpretación de Copenhague defende que en Mecánica Cuántica, os resultados son indeterminísticos.
- A Física é a ciencia dos resultados de procesos de medida. Non ten sentido especular para alén daquilo que se pode medir. A interpretación de Copenhague considera sen sentido preguntas como "onde estaba a partícula antes de que a súa posición fose medida?".
- O acto de observar provoca o "colapso da función de onda", o que significa que, aínda que antes da medición o estado do sistema permitise moitas posibilidades, apenas unha delas foi escollida aleatoriamente polo proceso de medición, e a función de onda modifícase instantaneamente para refletir esa escolla.
A complexidade da mecánica cuántica (tese 1) foi atacada pola experiencia (imaxinaria) de Einstein-Podolsky-Rosen, que pretendía mostrar que teñen que existir variábeis escondidas para evitar "efectos non locais e instantáneos á distancia". A desigualdade de Bell sobre os resultados dunha experiencia deste xeito foi derivada do presuposto de que existen variábeis escondidas e non existen "efectos non locais". En 1982, Aspect levou a cabo a experiencia e descubriu que a desigualdade de Bell era violada, rexeitando as interpretacións que postulaban variábeis escondidas e efectos locais. Esta experiencia foi albo de varias críticas; novas experiencias, realizadas por Weihs e Rowe, confirmaron os resultados de Aspect.
Moitos físicos e filósofos notábeis teñen criticado a Interpretación de Copenhague, con base tanto no feito de non ser determinista como no feito de propor que a realidade é criada por un proceso de observación non físico. As frase de Einstein "Deus non xoga aos dados" e "Pensas mesmo que a Lúa non está aló cando non estás a ollar para ela?" ilustran a posición dos críticos. A experiencia do Gato de Schrödinger foi proposta para mostrar que a Interpretación de Copenhague é absurda. A alternativa principal á Interpretación de Copenhague é a Interpretación de Everett dos mundos paralelos.
Referencias:
- Versión orixinal da Wikipedia en inglés
- Physics FAQ section about Bell's inequality
- G. Weihs et al., Phys. Rev. Lett. 81 (1998) 5039
- M. Rowe et al., Nature 409 (2001) 791.
[editar] Véxase tamén
- Interpretacións da mecánica cuántica