Niels Bohr
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Niels (Henrik David) Bohr (7 de outubro de 1885 - 18 de novembro de 1962) foi un científico danés que ideou o modelo atómico precursor do actual e fixo outras contribucións fundamentais para o coñecemento da estrutura atómica e a mecánica cuántica.
[editar] Contribucións máis notorias
- Modelo atómico de Bohr
- O momento angular orbital do electrón está cuantizado; L=nħ.
- A teoría de que os electróns viaxan en órbitas discretas arredor do núcleo atómico e que as propiedades químicas do elemento veñen determinadas en boa medida polo número de electróns de cada unha das órbitas exteriores.
- A idea de que un electrón podía caer desde uha órbita de maior enerxía a unha de menor enerxía emitindo un fotón (quanto de luz) de enerxía discreta (isto tornouse na base da teoría cuántica). Estableceu órbitas fixas cuantizadas para os electróns no átomo, co cambio das que se desprendería ou collería enerxía tamén cuantizada segundo as reglas de Planck.
- Moito traballo na interpretación de Copenhague da mecánica cuántica.
- O principio da complementariedade: que os ítems poden ser analizados por separado como se tivesen varias propiedades contraditorias.
Niels Bohr recibiu o Premio Nobel de Física polo seu traballo en 1922.