Jeff Ament
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Jeff Ament (nacido e 10 de marzo de 1963) é un baixista estadounidense e un dos membros fundadores de Pearl Jam, banda onde toca na actualidade. Formou tamén parte de Green River, Mother Love Bone e Temple of the Dog.
[editar] Biografía
Jeff Ament naceu en Havre, Montana e medrou nun pobo chamado Big Sandy. Comezou a tocar o baixo na súa adolescencia e soía tocar cancións de The Clash e The Police. Despois de deixar a universidade de Montana en Missoula, Jeff mudouse a Seattle a principios dos 80 coa súa banda Deranged Diction. Alí entablou amizade con músicos locais como Stone Gossard e Steve Turner, que lle pediron unirse á súa nova banda, Green River, en 1983.
Green River é comunmente considerada a primeira banda de grunge. O grupo conseguíu unha considerable reputación na zona, pero sen embargo separouse en 1987. Ament e Gossard reclutaron á celebridade local Andrew Wood e formaron Mother Love Bone ese mesmo ano. As cousas comezaron ben para a nova banda, asinaron un contrato cun selo grande e editaron o aclamado álbum Apple, pero Wood morreu de sobredose pouco antes do lanzamento do disco en 1990 e a banda desapareceu. Nese momento Ament e Gossard case se separan, pero surxíu o proxecto Temple of the Dog, que crearon con Chris Cornell como un tributo a Andrew Wood. Este proxecto contaba tamén coa colaborción do futuro vocalista de Pearl Jam, Eddie Vedder, que cantaba no tema "Hunger Strike". Pearl Jam formouse pouco despois, en 1990.
Pearl Jam |
Membros |
---|
Jeff Ament - Stone Gossard - Mike McCready - Eddie Vedder - Matt Cameron |
Boom Gaspar - Dave Krusen - Matt Chamberlain - Dave Abbruzzese - Jack Irons |
Discografía |
Álbumes: Ten - Vs - Vitalogy - No Code - Yield - Binaural - Riot Act - Pearl Jam |
Directos e recopilatorios: Live on Two Legs - Lost Dogs - Live at Benaroya Hall - Rearviewmirror: Greatest Hits 1991-2003 - Live in NYC 12/31/92 - Live at Easy Street |