Jenson Button
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Jenson Button | |
---|---|
Imaxe | }} |
Carreira na Fórmula 1 | |
Nacionalidade | Británico |
Monopraza número | 12 |
Escudería actual | Honda |
Escudería no 2007 | Honda |
Grandes Premios disputados | 118 |
Campionatos | 0 |
Vitorias | 1 |
Podios | 14 |
Pole positions | 3 |
Voltas rápidas | 0 |
Primeiro Grand Prix | Gran Premio de Australia de 2000 |
Primeira vitoria | Gran Premio de Hungría de 2006 |
Posición no 2006 | 6º (50 pts) |
edit |
Jenson Button naceu o 19 de xaneiro de 1980 en Frome e polo de agora reside en Bicester, ámbolos dous lugares se atopan en Inglaterra, pero tamén pasa temporadas residindo en Mónaco. Está solteiro, e calificado coma un dos pilotos máis altos da Fórmula 1 grazas aos seus 1'81 metros (aínda que existen outras fontes que fan varia-la súa altitude dende 1'73 até 1'82); do mesmo xeito acontece co seu peso (as fontes non son unitarias nun peso concreto), e a variacións concorren dende os 68 ata os 74 quilos.
Xa con 9 anos, e co apoio de seu pai John (que lle regalou por Reis un kart), corría nos circuitos de karting; tampouco lle importou perde-las clases de escola por viaxar por todo o mundo. Dende o ano 1989 até o ano 1997 debutou en karting, no que coseguiu alguns premios: O Campionato Británico de Cadetes de Karting no 1991 (con 34 carreiras); seguíronlle 3 veces campión no Aberto Británico de Karting (e algúns campionatos máis ata conformar 8 premios); no 1995 faise co título de ICA Senior Italiano; tamén nese ano recaeu na súas mans o título de Campión Europeo de Super Kart. Unha viaxe a Xapón permítelle a Jenson codellar no Ayrton Senna Memorial Cup, no que entra coma piloto axeitado tras unha asombrosa carreira de karting. A súa capacidade para aprenderse os circuitos é admirable e o seu desexo de victorias, insaciable. Ten un bo control do volante e unha boa dose de sangue fría. As 50 veces que tivo que estar no podio durante a súa etapa en 1998 na Fórmula Ford é un exemplo; compre citar por dicir algo, pilotando para Haywood Racing consegue no Ultra-Competitivo Campionato Británico unhas 9 victorias; as carreiras de Europa levan a este piloto a poñerse no segundo posto do Campionato Europeo; e un triunfo fai redondea-lo ano no Festival da F3 de Ford.
Despois, seguiu mostrando o seu potencial na Fórmula Ford e na Fórmula 3000. Pero o que máis sorprende deste piloto é que se subiu ao máis alto rompendo todolos récords de xuventude. No recoñecemento o talento especial chegalle a concesión do prestixioso título de Xoven Piloto do Ano, promovido pola McLaren Autosport BRDC a finais do 1998.
Tivo a sorte, lóxica, de subir até a Fórmula 1 cando no novembro do 1999 toma a pista cun McLaren MP4/13, semanas máis tarde , nunha proba para o equipo da Prost, Jenson derrota o experimentado Jean Alesi; xa que a xente importante deuse conta nada máis velo de que era un auténtico prodixio.
Despois dun gran ano no seu debut en Williams (8º con 12 puntos). Con 20 anos era o piloto máis xoven da parrilla na apertura do Gran Prix (corría por aquel entón o ano 2000); a súa serenidade e o seu ritmo na carreira fixeron a longo da tempada o 8º no Campionato de Pilotos, unha proeza pouco crédula para un corredor novo. A temporada 2001 non foi boa para el en Benetton, con tan só dous puntos, os que logrou no GP en Hockenheim, Alemaña. Tamén tentado estivo de voltar para Williams, pero o equipo xa tiña a praza ocupada por Juan Pablo Montoya. No 2002 cambiou a fortuna con finais en 4º posto nas carreiras 2ª e 3ª do GP da San Marino.
No 2003 ao desaparecer Benetton e quedarse co equipo Renault, Button fichou por BAR, escudería na que está actualmente e na que non lle vai moi ben por problemas nos monoprazas da mesma. Aínad cos reveses acadou o 9º posto, pero coa premisa do equipo de proporcionarlle un coche gañador.
O 2004 foi un ano cheo de complicacións para Button, pero finalmente acadou a tempada terceiro e contribuindo de forma decisiva a que BAR-Honda rematara o Mundial coma subcampeón de constructores. Nese ano podese dicir que apareceu no podio unhas 10 veces (4 como finais de 2º posto e as restantes coma finais no 3º posto).
Podio e títulos:
- 1989 - Primeira victoria na carreira de kart celebrada no Circuito de Clay Pigeon, Yeovil.
-
- - Gañador do Super Prix Británico de Karting.
- 1990 - Campionato Británico Cadete Karting (2º posto).
- 1991 - Campionato Británico Cadete Karting (34 podios).
-
- - Campionato Aberto Británico Karting.
- 1992 - Campionato Aberto Británico Karting.
-
- - Campionato Británico Junior TKM Karting.
- 1993 - Campionato Aberto Británico Karting.
- 1994 - Campionato Británico Junior TKM Karting (quedou en 4º posto).
-
- - Campionato Europeo de Karting Intercontinental Junior A.
- - Campionato Italiano de Karting Intercontinental Junior A.
- 1995 - Senior no Campionato ICA Senior Italiano.
-
- - Campionato Mundial Karting Formula A (2º posto).
- 1996 - Campionato da Copa do Mundo Karting (5º posto).
-
- - Campionato Americano Karting (3º posto).
- - Campionato Italiano Karting.
- 1997 - Campionato da Super Copa Europea A de Karting.
-
- - Ayrton Senna Memorial Cup, en Suzuka, (Xapón).
- 1998 - Campionato Británico da F3 da Ford co equipo Haywood Racing (9 podios).
-
- - Campionato Europeo da F3 da Ford co equipo Haywood Racing (2 posto).
- - Festival F3 da Ford en Brands Hatch (victoria).
- - Premio McLaren Autosport BRDC o Piloto Xoven do Ano.
- 1999 - Campionato Británico da F3 co equipo Promatecme (3º posto).
-
- - Premio Avon Rookie de F3 o Novato do Ano no GP de F3 de Macao.
- - GP de F3 de Corea (3º posto).
- 2000 - Campionato Mundial de F1 co equipo BMW-Williams F1 (8º posto e 12 puntos).
- 2001 - Campionato Mundial de F1 co equipo Mild Seven Benetton Renault Sport (7º posto e 14 puntos).
- 2002 - Campionato Mundial de F1 co equipo Mild Seven Renault F1 (17º posto e 2 puntos).
- 2003 - Campionato Mundial de F1 co equipo Lucky Strike BAR - Honda (9º posto e 17 puntos).
- 2004 - Campionato Mundial de F1 co equipo Lucky Strike BAR - Honda (3º posto e 85 puntos).
- 2005 - F1 co equipo Lucky Strike BAR-Honda.