Jimmy Greaves
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Jimmy Greaves | |||
---|---|---|---|
Nome completo: | James Peter Greaves | ||
Alcume: | ' | ||
Data de nacemento: | 20 de febreiro de 1940 | ||
Lugar de nacemento: | , England | ||
Data de falecemento: | |||
Lugar de falecemento: | , | ||
Nacionalidade: | ![]() |
||
Clube actual: | retirado | ||
Posición: | Dianteiro Centro | ||
Altura: | metros | ||
Partidos internacionais: | 57 | ||
Goles: | 44(selección) | ||
Ano do debut: | 1957 | ||
Clube do debut: | Chelsea | ||
Ano do retiro: | 1971 | ||
Clube do retiro: | Barnet F.C. |
James Peter 'Jimmy' Greaves (nado o 20 de febreiro de 1940) é un ex-futbolista inglés.
Índice |
[editar] Carreira de Xogador
[editar] Chelsea, AC Milan, e Spurs
Greaves foi un abraiante dianteiro, anotando no seu debút co Chelsea en 1957. Sería o máximo goleador nos anos 1959 e 1961. Os seus 41 goles neste último ano aínda son un record no clube, máis goles marcados por un xogador nunha soa tempada.
No 1960 convértese no xogador máis xoven en chegar ós 100 goles en liga, á idade de 20 anos 290 días.
En 1961 viaxa ata a Italia para unirse ao A.C. Milan e marca 9 goles en 12 encontros. Ao pouco é transferido o Tottenham Hotspur por 99.999 libras. Esta cantidade púxose porque no clube non querían darlle a presión de se-lo primeiro xogador que chegaba ás 100.000 de custo por traspaso.
Ficou no clube dende 1961 ata 1970, anotando 266 goles en 379 encontros. Rematou coma máximo goleador catro anos (1963,1964,1965 e 1970). A súa marca de seis veces máximo artilleiro nunca foi superada nin igualada.
Cos Spurs, gañou a FA Cup en 1962 e 1967. Tamén conseguíu a Recopa no 1963 anotando dous goles na final (5-1) contra o Atlético de Madrid. Este foi o primeiro trofeo europeo gañado por unha escadra británica.
[editar] Carreira Internacional
Graves debutou coa selección inglesa en 1959, e chegou a xogar 57 encontros e annotou 44 goles, 5 menos que Bobby Charlton pero cunha media moito maior de goles por encontro. Ata o día de hoxe segue a se-lo terceiro máximo anotador despois de Bobby Charlton e Gary Lineker. Greaves tamén ten a marca de número de hattricks coa selección, cun total de seis.
No Mundial de Fútbol Chile 1962, no encontro desputado contra o Brasil un can entrou no terreo de xogo e eludíu tódalas tentativas de collelo ata que Greaves logrou atrapalo. Nese intre o can orinou sobre a camisola do xogador. Ao brasileiro Garrincha fíxolle gracia o incidente e acabou levando o can á súa casa para telo como mascota.
No Mundial de Fútbol Inglaterra 1966 Greaves era o dianteiro titular, mais unha inoportuna mancadura nunha perna no encontro contra Francia fixo que tivera que ser substituido. O elixido foi Geoff Hurst, que anotou o gol decisivo nos cuartos de final e xa non sairía do equipo. Na final, este xogador fixo o famoso hattrick grazas ó cal Inglaterra foi campiona.
[editar] West Ham e Barnet
En 1970, Greaves fichou polo West Ham United. Anotou no seu debut, (tal coma fixera en tódolos equipos para os que xogou incluindo a selección sub-21 e a absoluta), con dous goles contra o Manchester City o 21 de marzo. Dous meses despois, o 28 de maio, rematou sexto no London-to-Mexico World Cup Rally co co-conductor Tony Fall. Retirouse en 1971 despois de xogar 516 encontros de liga e anotar 357 goles.
Greaves voltou do seu retiro aos 38 anos, xogando para o Barnet F.C. na Southern League, actuando de mediocampista, anotou 25 goles e foi proclamado mellor xogador da tempada.
[editar] Despois do fútbol
A mediados dos anos 70 Greaves loitaba contra un grande problema de alcolismo, deixando finalmente a bebida cara o ano 1978. Converteuse nun popular presentador de televisión, formando parella con Ian St. John nun programa futbolístico chamado Saint & Greavsie
No 2002 entrou a formar parte do English Football Hall of fame.
[editar] Ligazóns externas
- English Football Hall of Fame Profile (en inglés)