Mundial de Fútbol Chile 1962
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Mundial polémico antes de comezar, xa que o país andino sufriu un gravísimo terremoto poucos meses antes do comezo da competición. Non foron poucas as protestas nas que se reclamaba que os cartos investidos na celebración do torneo foran destiñados a arranxa-las infraestructuras do país tra-lo desastre. No futbolísico un nome destaca por riba dos demáis: Garrincha. Foi o principal artífice do segundo título mundial de Brasil. A lesión de Pelé nos primeiros encontros deulle case todo o protagonismo ofensivo, e dende logo non defraudou a ninguén. Brasil venceu na final a Checoslovaquia por 3 a 1. Seis xogadores remataron coma máximos anotadores con 4 tantos: os brasileiros Garrincha e Vavá, o húngaro Florian Albert, o soviético Ivanov, o chileno Leonel Sánchez e o iugoslavo Jercovic.