Selección nacional de fútbol de Brasil
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Template:Selección nacional de fútbol
A selección nacional de fútbol de Brasil é o equipo máis laureado, con cinco campionatos do mundo. É o actual vencedor da última edición. Tamén ten o record de participar tódalas veces que se xogou o torneo.
Brasil gañou o seu primeiro mundial no ano 1958 en Suecia, onde xa destacaba un mozo Pelé que marcou dous goles na final. O encontro rematou 5-2.
Catro anos despois, en Chile no ano 1962 volverían repetir éxito.
O terceiro campionato lográrono en 1970, en México. Brasil presentou o que posiblemente sexa o mellor equipo de tódolos tempos, con estrelas coma Pelé, Tostao, Gérson, Jairzinho ou Rivelino. Gañaron cantos encontros desputaron nese torneo. Ademáis quedaron co trofeo en propiedade ó se-los primeiros en gañar por tres veces a copa.
Só nos Mundial de 1994, 24 anos despois de que Brasil gañase a súa terceira copa do mundo, foilles posible gañar outro título mundial. A disputada final nos mundiais dos EEUU contra o seu rival de 1970 a selección italiana. O marcador ó final do partido foi de 0-0 polo que Brasil e Italia disputáronse, por primeira vez na historia do torneo, a final na ronda de penaltis. Despois de acabar como segundo no Mundial de 1998 Brasil gañou o seu quinto campionato no Mundial de 2002 en Xapón e Corea do Sur. A final xogouse entre duas das mellores seleccións na historia do futbol Alemaña e Brasil.
Índice |
[editar] Palmarés nos Mundiais
- 1930 - Primeira rolda
- 1934 - Primeira rolda
- 1938 - Terceiro posto
- 1950 - Subcampións
- 1954 - Cuartos de final
- 1958 - Campións
- 1962 - Campións
- 1966 - Primeira rolda
- 1970 - Campións
- 1974 - Cuarto posto
- 1978 - Terceiro posto
- 1982 - Segunda rolda
- 1986 - Cuartos de final
- 1990 - Segunda rolda
- 1994 - Campións
- 1998 - Subcampións
- 2002 - Campións
- 2006 - Cuartos de final
[editar] Palmarés na Copa América
|
|
[editar] Xogadores famosos
|