João Vaz Corte-Real
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
João Vaz Corte-Real (morto en 1496) foi un mariño portugués do século XV que en 1474 lle foi doada a capitanía de Angra do Heroismo na illa Terceira e en 1483 a de San Jorge nos Azores por descubir por volta de 1472 a Terra Nova do Bacallao, especúlase con que este territorio fora Terranova, de ser certo Corte-Real chegaría a América vinte anos antes de Cristovo Colón, foron dúas as viaxes que realizou, na primeira acompañado polos seus fillos Gaspar e Miguel e na segunda baixo o mando do dinamarqués Johannes Scolvus, nunha expedición conxunta patrocinada polos reis de Portugal e Dinamarca en 1476 que chegaría ata Grenlandia e mesmo se especulou coa posibilidade que Colón soubese desta viaxe antes da súa partida de Palos.