John Alcock
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
John William Alcock (Old Trafford 1892 - Rouen 1919) aviador británico.
Capitán da Royal Air Force, adquiriu ampla experiencia de voo durante a Primeira guerra mundial, aínda que foi derrubado e levado prisioneiro a Turquía.
Co tenente Arthur Bronwn realizou nun bombardeiro bimotor a viaxe sen escalas dende Terranova a Irlanda de 3.040 km en 16 horas e 12 minutos.(14 de xuño de 1919)
Morreu nun accidente de aviación, mentres provaba un novo modelo de aeroplano anfibio en Francia.