Joule (unidade)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O joule (nome internacional), de símbolo (J) é a unidade de enerxía e traballo no SI, e é definida como 1 kg × m2 × s-2 = 1 N × m = 1 W × s
Un joule é o traballo necesario para exercer a forza dun newton durante unha distancia dun metro. Esa mesma cantidade podería ser dita como un newton metro. Sen embargo, para evitar confusión, o newton metro é normalmente usado como unidade de medida de torque, e non para enerxía. Outro exemplo do que é un joule sería o traballo necesario para levantar unha masa de 102g (unha pequena mazá) na altura dun metro, baixo a gravidade terrestre.
Un joule é tamén o traballo feito para producir enerxía dun watt por un segundo, como cando alguén leva un segundo para erguer a pequena mazá do exemplo acima a un metro baixo a gravidade terrestre.
1 joule é equivalente a: