Karl-Heinz Rummenigge
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Karl-Heinz Rummenigge (nado o 2 de setembro de 1955) en Lippstadt é un futbolista alemán.
A idade de 18 anos abandoa a súa vila natal e marcha cara Munich, contratado por un dos equipos da cidade, o Bayern Munich. Alí ficaría ata 1984, sendo tres veces o máximo anotador da Bundesliga e ademáis unha das estrelas do equipo. Nese tempo entre outros títulos gañou a Copa de Europa en 1976. Despois marcharía ó Inter de Milán, onde xogaría 3 tempadas, retirándose finalmente no Servette suizo en 1989.
Formou parte da selección alemana nos mundiais de Arxentina 78, España 82 e México 86. Nestes dous últimos torneos foi subcampión, e fixo nos tres unha actuación extraordinaria. Si consegíu a victoria, nembargantes, na Eurocopa de 1980.
Actualmente traballa para o Bayern Munich