Lago Baringo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O lago Baringo é, despois do lago Turkana, o lago máis o norte do Gran Val do Rift queniano. Situado a 975 m de altura cobre unha área de 108 km² e ao lago verten dous ríos, El Molo e Ol Arabel. Nas súas ribeiras habitan máis de 470 especies de paxaros, nun territorio no que habitan os pobos camus, rendille, turkana e kalenjin, lonxe dos circuítos turísticos, aínda que é unha zona explorada por antropólogos e arqueólogos.