Lagos
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
- Para a cidade e concello do Algarve, ver Lagos, Algarve

Lagos é unha cidade de Nixeria, a maior e máis importante do país, pero que dende 1991 xa non é a súa capital oficial en beneficio de Abuja.
Sitúase nunha lagoa perto do Golfo de Guinea no suroeste do país, extendéndose sobor de illas e terra firme unidos por pontes. É o maior porto de Nixeria.
Lugar de asentamento histórico do pobo ioruba, foi avistada e nomeada polos portugueses a finais do século XV en honra da cidade do Algarve. Despois converteuse en importante mercado de escravos até a chegada do poder colonial inglés en 1861.
Pasa por ser unha das urbes de crecimento maior e máis caótico da actualidade e, de seguir así, unha das megalópoles do futuro pero con gravísimos problemas que a convertirán nun monstro urbano. Contaba con 5.195.247 habitantes no censo de 1991 e estímanse 8.789.120 h., en 2005.