Lantano (elemento)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O lantano é un elemento químico da táboa periódica cuxo símbolo é La e o seu número atómico é 57. Foi descuberto en Suecia por Carl Gustaf Mosander, no ano 1839. O nome provén da palabra griega lanthanein, que significa agachado, xa que o metal agachárase nun mineral de cerio.