Lehendakari
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Coñécese ó Presidente da Comunidade Autónoma Vasca como Lehendakari ou Lendakari (en éuscaro, literalmente "primeiro responsable", plural: Lehendakariak), ou Eusko Jaurlaritzako Lehendakari ("Presidente do Goberno Vasco").
[editar] "Lehendakari"
Con anterioridade ó establecemento da ortografía oficial do éuscaro nos anos 1970, a grafía empregada era Euzko Jaurlaritzaren Lendakari. Tanto euzko como lendakari son neoloxismos en éuscaro. Foron creados por membros do Partido Nacionalista Vasco.
Os termos xenéricos en éuscaro para "presidente" e "goberno" son "presidente(a)" e "gobernu(a)"'. En éuscaro, empréganse estes para referirse a outros presidentes e resérvase o neoloxismo "lehendakari" para o presidente do Goberno Vasco.
[editar] Lista de presidentes da Comunidade Autónoma Vasca
Tanto Aguirre como Leizaola empregaron o título de lendakari, Ramón Rubial foi coñecido como Presidente do Consello Xeral Vasco, a partir de Garaikoetxea vense empregando a forma lehendakari tanto en éuscaro como en castelán.
Goberno de Euzkadi (Segunda República e exilio) (1936-1978)
- 1936-1960: José Antonio Aguirre e Lecube (PNV) (no exilio desde 1937)
- 1960-1978: Jesús María de Leizaola Sánchez (PNV) (no exilio)
Consello Xeral Vasco (1978-1980)
- 1978-1979: Ramón Rubial Cavia (Partido Socialista de Euskadi) (oficialmente non está recoñecido como lehendakari, xa que só presidiu un órgano de caracter transitorio)
Goberno Vasco (desde 1980)
- 1979-1985: Carlos Garaikoetxea Urriza (PNV)
- 1985-1999: José Antonio Ardanza Garro (PNV)
- 1999-hoxe: Juan José Ibarretxe Markuartu (PNV)
José Antonio Aguirre foi o primeiro Lendakari da Rexión Autónoma do País Vasco, pero Francisco Franco Bahamonde suspendeu o estatuto de autonomía de 1936, así como os concertos económicos de Biscaia e Guipúscoa, por consideralas «provincias traidoras». Así a todo, si mantivo os seus similares en Álava e a Navarra que actualmente forma parte España xunto coa comunidade autónoma do País Vasco.