Comunidade Autónoma Vasca
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
|||
ISO 3166-2 | PV | ||
Capital | Vitoria-Gasteiz | ||
Linguas oficiais | Éuscaro e castelán | ||
Área
- total |
Número14
7.234 Km² |
||
Poboación
- Total (2005) |
Posto núm. 7
2.124.846 |
||
Xentilicio | Basco, -a; | ||
PIB per càpita | US$ 30.830 | ||
Hino | Eusko Abendaren Ereserkia | ||
Lehendakari (presidente) | Juan José Ibarretxe (PNB) | ||
Estatuto de Autonomía | 22 de decembro de 1979 | ||
Festividade (Aberri Eguna) | Diumenge de Pasqua (Dia de la pàtria basca) | ||
Representación parlamentaria |
|
||
Eusko Jaurlaritza / Goberno Basco |
A Comunidade Autónoma Vasca, tamén coñecida como o País Vasco ou Euskadi, o seu nome en éuscaro, é unha comunidade autónoma situada no norte de España. Limita con Cantabria ao Oeste, coa Navarra ao Leste, con Castela e León e Logroño ao Sur, e co Mar Cantábrico e Francia ao Norte. O seu nome cooficial é Euskadi. Comprende boa parte do territorio onde se fala o éuscaro, País Vasco ou Euskal Herria, lingua non indoeuropea que conta coa súa propia Wikipedia.
Importantísimo centro industrial da península, basea a súa produción na siderurxia, nos bens de equipo (automóbiles, electrodomésticos [Fagor ou cooperativa Mondragón] ou industria pesada), viño (coa denominación de orixe "Rioxa alavesa") e na banca (BBVA ou a Kutxa). Por isto foi un importante centro de recepción da emigración galega na segunda metade do século XX.
Cunha forte forza do nacionalismo e independentismo, tanto politicamente de esquerdas (chamado abertzale) como de dereitas, a estratexia militar armada para conseguir estes obxectivos maniféstase no grupo terrorista ETA e politicamente en grupos ilegalizados coma Herri Batasuna, Euskal Herritarrok ou Aukera Guztiak. Historicamente, o símbolo desta súa identidade independente é a árbore da vila biscaina de Guernica (Gernika), que precisamente foi bombardeada salvaxemente pola aviación nazi en axuda ao exército franquista na guerra civil española.
O País Vasco é considerado unha Nacionalidade Histórica recoñecida na Constitución española con estatuto de Comunidade Autónoma. A comunidade autónoma vasca consta das seguintes tres provincias:
- Provincia de Guipúscoa (Gipuzkoa, en euskera), con capital en Donostia (San Sebastián);
- Provincia de Biscaia (Bizkaia), con capital en Bilbao;
- Provincia de Álava (Araba), con capital en Vitoria (Gasteiz), que posúe no seu interior un enclave pertencente á provincia de Burgos (Condado de Treviño);
A capital desta última provincia é tamén a sede do goberno autonómico (Eusko Jaurlaritza). Outras cidades e vilas importantes (son bastantes debido ao seu forte nivel de industrialización) son Barakaldo, Mondragón, Eibar, Hondarribia, Portugalete, Santurtzi, Irún, Ordizia, Rentería, Arrasate, Llodio, Zumarraga, Oñati, Elgoibar, Algorta, Ondarroa, Zarautz, Andoain, Sestao ou Laguardia.
Os seus principais equipos de fútbol e inimigos na competición son o Athlétic de Bilbao (que ata o de agora sempre estivo en primeira división da liga española) e a Real Sociedad de San Sebastián.
[editar] Ver tamén
|
|||
Andalucía - Aragón - Principado de Asturias - Illas Baleares - Illas Canarias - Cantabria - Castela-A Mancha - Castela e León - Cataluña - Comunidade Valenciana - Estremadura - Galicia - Comunidade de Madrid - Rexión de Murcia - Comunidade Foral de Navarra - País Vasco - A Rioxa | |||
Cidades autónomas | |||
Ceuta - Melilla | |||
Europa | España |