Leopoldo Calvo Sotelo Bustelo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Leopoldo Calvo Sotelo Bustelo | |||
---|---|---|---|
Nome completo: | Leopoldo Calvo Sotelo Bustelo | ||
Data de nacemento: | 1926 | ||
Lugar de nacemento: | Madrid, España | ||
Data de falecemento: | EXERCE | ||
Lugar de falecemento: | EXERCE, EXERCE | ||
Partido político: | Unión de Centro Democrático (UCD) | ||
Cargo(s): | Presidente do Goberno no ano 1981 | ||
Profesión: | Enxeñeiro de camiños |
Leopoldo Calvo-Sotelo Bustelo (1926 - ). Enxeñeiro e político español.
Rematou os seus estudos de enxeneiro de camiños en 1951, pasando a ocupar cargos de directivo en RENFE (chegou a ser presidente desta empresa). Máis tarde foi nomeado conselleiro delegado de Unión de Explosivos Riotinto S.A. Posteriormente elixido procurador en Cortes como representante dos empresarios de industrias químicas, posto que ocuparía durante catro anos, até que en 1975 foi nomeado Ministro de Comercio durante a presidencia de Adolfo Suárez, durante o goberno de este, desempeñou diversos cargos: Ministro de Obras Públicas, Ministro para as relacións coa CEE e vicepresidente segundo para asuntos económicos. En febreiro de 1981 foi investido Presidente do Goberno, tras a dimisión de Adolfo Suárez.
Durante a votación da súa candidatura para Presidente do Goberno (23 de febreiro de 1981), entraron no Parlamento varios Gardas Civis, que baixo o mando do tenete coronel Antonio Tejero, que pretendían dar un golpe de Estado Militar. Este golpe foi abortado. O goberno de Calvo Sotelo nacía nunhas datas contra a involución política, o paro e a debilidade da coalición política permanente protagonizaban a actividade pública española.
Durante o seu mandato, España uniuse á OTAN, que foi moi criticada polo PSOE.
O Rei Xoán Carlos I concedeulle o título de Marqués da Ría de Ribadeo con Grandeza de España.
É tío de Mercedes Cabrera Calvo-Sotelo (actual Ministra de Educación), e sobriño de José Calvo Sotelo Ministro de Facenda durante a ditadura de Miguel Primo de Rivera
Xoán Carlos I | ||
---|---|---|
Segue a: Adolfo Suárez |
Leopoldo Calvo Sotelo Bustelo (1981-1982) |
Precede a: Felipe González |
Presidente do Goberno de España |