OTAN
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Organización do Tratado do Atlántico Norte (en inglés North Atlantic Treaty Organization, NATO), asociación militar da que forman parte países de Europa e América. As súas funcións teñen cambiado dende a súa fundación: naceu como organización defensiva para conter ós países comunistas de Europa do leste, que se agruparon no chamado 'Pacto de Varsovia', e tras a caída do Muro de Berlín facilitouse a entrada a ditos países no tratado, de xeito que hoxe inclúe a maioría deles. No ano 1999 variouse o tratado para permitir outras misións diferentes da pura defensa. España entrou na OTAN nos 1986 cun estatuto que logo ampliou ata a participación actual.
Actualmente o seu obxectivo principal é salvagarda-la soberanía e liberdade dos países membros por medios tanto políticos como militares. No ámbito da defensa, o Tratado establece que unha agresión a un país membro ou grupo de países membros será considerada como unha agresión a tódolos asinantes. Outro obxectivo é potencia-la comunicación con países non membros para estende-la estabilidade alén das fronteiras da OTAN.
O órgano de decisións máis importante da OTAN é o Consello Norte-atlántico que xunta a representantes dos 26 países anualmente.
[editar] Vexa tamén
Texto do tratado orixinal en español (tradución non oficial)
Páxina oficial da organización
Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN) | |
---|---|
Alemaña | Bélxica | Bulgaria | Canadá | Chequia | Dinamarca | Eslovaquia | Eslovenia | España | Estados Unidos | Estonia | Francia | Grecia | Hungría | Islandia | Italia | Letonia | Lituania | Luxemburgo | Noruega | Países Baixos | Polonia | Portugal | Reino Unido | Romanía | Turquía |