Lev Yashin
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Lev Yashin | |||
---|---|---|---|
![]() |
|||
Nome completo: | Lev Ivanovich Yashin | ||
Alcume: | A araña negra | ||
Data de nacemento: | 2 de outubro de 1929 | ||
Lugar de nacemento: | Moscova, URSS | ||
Data de falecemento: | marzo 1990 | ||
Lugar de falecemento: | , | ||
Nacionalidade: | ![]() |
||
Clube actual: | falecido | ||
Posición: | Porteiro | ||
Altura: | 1,84 m metros | ||
Partidos internacionais: | 78 | ||
Goles: | |||
Ano do debut: | 1948 | ||
Clube do debut: | Dinamo de Moscova | ||
Ano do retiro: | 1970 | ||
Clube do retiro: | Dinamo de Moscova |
Lev Ivanovich Yashin é o porteiro por excelencia. Foi coñecido como a "araña negra" pola súa indumentaria e pola súa calidade como gardamallas. Excepcional en tódalas facetas do xogo, cuns abraiantes reflexos, magnífica colocación e poderosas saídas. A mellor proba de todo isto é que Yashin é o único porteiro que gañou un Balón de Ouro (1963).
Nado en Moscova (URSS) o 2 de outubro de 1929, toda a súa carreira transcurriu no Dinamo de Moscova, chegando a xogar 22 temporadas, entre os anos 1948 e 1970. Así mesmo foi titular indiscutible na selección nacional da URSS entre os anos 1954 e 1967 xogando 78 encontros.
Antes de adicarse por completo ao balompé, e ante a falta de oportunidades que lle ofrecía o panorama futbolístico, foi porteiro dunha escadra de Xoquei sobre xelo durante unha tempada, na que se converteu en campión da URSS.
Entre o seu palmarés destacan os títulos de liga co Dínamo nos anos 1954, 1955, 1957, 1959 e 1963, e de copa en 1953, 1967 e 1970. A nivel internacional, coa URSS logrou o título de campión Olímpico en 1958 e o Campionato de Europa en 1960.
Retirouse no ano 1971, nun partido entre o Dínamo de Moscova e un equipo de estrelas europeas.
Durante a súa carreira foi quen de deter 150 penaltis, e a súa porta permaneceu 270 partidos a cero.
Morreu en marzo de 1990, á idade de 60 anos.