Licor
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Licor é unha bebida alcólica doce, xelmente mesturada com frutas, herbas, condimentos, flores, sementes, raíces, cascas de árbores ou cremas. O termo ven do latín liquifacere, liquefacer, disolver. Isto se refire ás mesturas que se empregan na fabricación da bebida. Os licores non acostuman a ser envellecidos por moito tempo, aínda que poden quedar algún tempo descansando até que adquiran o sabor ideal. A descrición máis común de licor é a de unha bebida doce, de alto contido alcólico. Servido en pequenas copas, é ideal durante ou despois da sobremesa, aínda que pode tomarse só, ou poden servirse durante un cóctel.
A súa composición leva azucre, xarope, alcol, amais de frutas, plantas, madeiras e herbas, que lle dan o sabor característico de cada bebida. Algúns licores son preparados por infusión, outros se fan por destilación de axentes aromáticos. A distinción entre licor e bebida alcólica non é simple, especialmente porque na actualidade moitas bebidas alcólicas están dispoñibles con sabores doces. Sen embargo as bebidas alcólicas con sabor non son preparadas por infusión. O contido de alcol non é unha característica distintiva, a maioría dos licores teñen menos graos alcólicos que as bebidas alcólicas, aínda que algúns licores poden ter ata 55 graos (absenta, por exemplo).
[editar] Historia
A destilación da auga con líquidos aromáticos é coñecida dende a Antiguidade. Pensadores como Hipócrates, Galeno e Plínio escribiran xa sobre o asunto. No 900 a.C. os árabes inventaran a produción do alcol por medio da fermentación. É improbable, entretanto, que isto teña ocorrido con cereais fermentados no Norte de Europa, pouco despois dos árabes.
A produción de licores aconteceu depois. No início, só se adozaban álcóles aos cales, groseiramente, adozaban xaropes e herbas (estas, tanto para dar gusto como para fins terapeuticos).
Na Idade Media, o viño (e máis tarde o alcol) era o principal anti-séptico. As plantas, raíces e herbas eran indagadas polos monxes para a cura de varias doenzas. Os alquimistas levaron tais pesquisas adiante.
Históricamente os licores derivan das herbas medicinais, xeralmente as preparadas por monxes, como os Benedictinos. Os licores foron elaboados en Italia dende o seculo XIII.
[editar] Clasificación dos licores
- Licores de chocolate
- Licores de café
- Licores de nata
- Licores de crema
- Licores de froitas
- Licores de framboesa, amora
- Licores de herbas
- Licores anisados
- Licores condimentados con outras herbas
- Licores de noz
- Outros licores (vainilla, mel, laranxa....)
[editar] Lista de Licores
- Amaretto
- Licores anisados
- Augardente
- Augardente de herbas
- Augardente branca
- Anisette
- Arac
- Galliano
- Herbsaint
- Ouzo
- Pastis
- Raki
- Sambuca
- Xtabentún
- Augardente
- Benedictine
- Campari
- Chambord
- Chartreuse
- Cherry Heering
- Coffee Liqueurs
- Kahlúa
- Tía Maria
- Licor café
- Cointreau
- Cream liqueurs
- Amarula
- Baileys Irish Cream
- Saint Brendan's
- Crème liqueurs
- Creme de Banane
- Creme de Cacao
- Creme de cassis
- Creme de Cerise
- Creme de Menthe
- Creme de Noyaux
- Creme de Rose
- Creme de Violette
- Curaçao, xeralmente triple sec
- Damiana
- Drambuie
- Frangelico
- Glayva
- Goldschlager
- Goldwasser
- Grand Marnier
- Highland Mist
- Izarra
- Jägermeister
- Kummel
- Licor 43
- Limoncello
- Maraschino
- Metaxa
- Midori
- Pacharán
- Pernod
- Pisco
- Prunelle
- Punsch
- Rock and rye
- Rumplemintz
- Sabra liqueur
- Sloe gin
- Southern Comfort
- Strega
- Vermouth
- Yukon Jack