Static Wikipedia February 2008 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu

Web Analytics
Cookie Policy Terms and Conditions Manetón - Wikipedia

Manetón

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

'Manetón' (circa século III a.C.) foi un sacerdote e historiador exipcio de Sebenitos durante os reinos de Ptolomeo I e Ptolomeo II. Foi o autor da Aigyptiaká (Historia do Exipto), na que organizou os gobernantes de Exipto nas dinastías nas que se apoia a exiptoloxía moderna.

Índice

[editar] Vida e obras

Non hai fontes que indiquen as datas do seu nacemento e pasamento, mais a súa obra asóciase habitualmente cos reinados de Ptolomeo I Soter (323-283 a.C.) e Ptolomeo II Filadelfo (285-283 a.C.). No Papiro Hibeh, datado en 240/1 a.C. menciónase a un Manetón e se se trata do mesmo daquela tería traballado tamén durante o reinado de Ptolomeo III Evergetes ([-246|246]]-222 a.C.). Manetón era probabelmente un sacerdote do deus sol Ra en Heliopolis (Syncellus asegura que era o sacerdote superior) e considerábaselle tamén unha autoridade no culto de Serapis, unha derivación de Osiris-Apis. Serapis era unha derivación greco-macedónica do culto exipcio iniciada coa conquista de Alexandre Magno. Un dos dous primeiros Ptolomeos importara unha estatua do deus entre 286 e 278 a.C., proxecto supervisado por Timoteo de Atenas (unha autoridade en Demeter en Eleusis e Manetón.

Apesar de ser exipcio e de escribir sobre temas exipcios usou exclusivamente o grego. As obras coñecidas son Aigyptiaka, Contra Herodoto, O Libro Sagrado, Sobre a antigüidade e a relixión, Sobre os festivais, Sobre a preparación de Kyphi, Breviario de Física e Libro de Sothis.

[editar] Aigyptiaká

A Historia de Exipto é a obra máis extensa de Manetón e a de maior relevancia. Está organizada cronoloxicamente e dividia en tres volumes. A división que establece dos gobernantes en dinastías foi unha innovación súa. Manetón acuñou o termo "dinastía" (do grego dynasteia, "poder de governo") para representar grupos de governantes cunha orixe común. Non o entendía tal e como hoxe (liñaxes consanguíneas) senón que introducía cada dinastía cando detectaba algún dipo de discontinuidade, ora xeográfica (p.ex. a IV dinastía era de Menfis, a V de Elefantina), ora xenealóxica (especialmente na I dinastía, na que se refire a cada faraón sucesivo como "fillo" do anterior para definir o que entende por "continuidade"). Dentro da superestrutura dunha tabela xenealóxica de governantes, Manetón enche os ocos con narrativas extensas sobre os governantes faraónicos.

Tense dito que a Aigyptiaká escrebeuse como competencia das Historias de Herodoto co obxecto de fornecer unha historia nacional de Exipto, até entón inexistente. Desde esta perspectiva, Contra Herodoto podía ser unha versión resumida ou simplemente parte da Aegyptiaka que circulase independentemente. Desafortunadamente, nengunha sobrevive hoxe na súa forma orixinal.

[editar] Transmisión e recepción

Apesar de ter constituído a base para a reconstrución da historia de Exipto, a Aegyptiaka non só non se conservou na súa totalidade senón que se veu envolvido nunha disputa entre polemistas xudeus e anti-xudeus. Durante este período, as dispustas versaban sobre as civilizacións "máis antigas", de xeito que a crónica de Manetón foi moi posibelmente alterada adrede. Existe material semellante ao de Manetón en Lysimakhos de Alexandría, e suponse que se inseriu dentro do de Manetón. Parece que isto aconteceu antes do século I d.C. cando Xosefo comezou a escreber. A referencia máis antiga a Manetón é a de Xosefo en Contra Apionem (Contra Apio), na que, porén, é claro que Xosefo non dispuña dos orixinais.

[editar] Fontes e Métodos

Manetón utilizou as listas de reis para estruturar a súa historia. Existían precedentes á súa disposición en Exipto e algunhas téñense preservado até hoxe. Xosefo afirma que utilizou "tradición oral anónima" e "mitos e lendas", o cal é perfectamente plausíbel para a época. Nalgúns casos, Manetón tentou sincronizar a historia exipcia coa grega, como cando fai corresponder a Memnón con Amenofis e a Armesis con Danaos. Suponse polo tanto que estaba familiarizado co Ciclo Épico Grego e coa historia de Argos, ainda que tamén se ten suxerido que estas son interpolacións posteriores. En calquer caso, Manetón empregaba unha koiné fluída.

[editar] Listas de reis

As listas de reis ás que tiña acceso Manetón sonnos descoñecidas, mais das que sobreviviron até hoxe a máis semellante e o Canon Real de Turín ou Papiro de Turín. A fonte máis antiga coa que comparar son os Anais do Imperio Antigo (circa 2500-2200 a.C.). Hai unha lista en Carnac debida a Tutmosis do Imperio Novo, dúas en Abydos (de Seti I e Ramsés, a segunda unha versión duplicada mais actualizada da anterior) e a lista de Saqqara do sacerdote Tenry.

Descoñécese a procedencia dos Anais do Imperio Antigo, que sobreviven na Pedra de Palermo. Son moitas as diferenzas entre os Anais e Manetón. Aqueles só chegan á V dinastía, mais os governantes predinásticos listanse como reis do Baixo Exipto e reis do Alto Exipto. Como contraste, Manetón lista varios deuses gregos e exipcios comezando con Hefaistos e Helios. En segundo lugar, os Anais fornecen informes anuais das actividades dos reis, sendo pouco probábel que Manetón chegase a tal nível de detalle.

As listas do Imperio Novo son moi selectivas. A de Seti I, por exemplo, dá 76 reis das dinastías I a XIX e omite os governantes hicsos e os asociados do herético Akhenatón. A lista de Saqqara, contemporánea de Ramsés II, dá 58 nomes, con omisións parecidas. Se Manetón chegou a utilizar estas listas, non lle deberon chegar debito á súa natureza tan selectiva. Ademáis, o seu propósito era cobrir as paredes dunha cámara sagrada na que o faraón (ou o tal Tenry, no caso da lista de Saqqara) facía ofrendas aos seus predecesores, imaxinados como antecesores. Cada casa real tiña unha lista tradicional particular deses "antecesores" e o seu propósito non era histórico senón relixioso.

Porén, o Canon Real de Turín (contemporáneo de Ramsés II, como a lista de Saqqara), escrito en hierático, comeza cos deuses, e é un epítome moi semellante a Manetón. Listas completas deste tipo serían necesarias nas oficinas governamentais para poder datar contratos, títulos, etc., de maneira que non podían ser selectivas como as listas de reis dos templos. Asúmese que, como sacerdote, Manetón debía ter acceso a practicamente todos os materiais escritos do templo.

[editar] Transcricións dos nomes dos faraóns

A partir da IV dinastía, os faraóns levaban cinco títulos diferentes, o "nome de Horus", o "nome das Dúas Damas", o "nome do Horus de Ouro", o praenomen ou "nome do trono" e o nomen ou nome de pía, chamado tamén "nome de Fillo de Ra", xa que ia precedido de Sa Re). Algúns faraóns tiñan tamén nomes múltiples dentro destes títulos, como Ramsés II con seis nomes de Horus.

As transliteracións de Manetón coinciden con moitas listas de reis, polo que se acepta que seguiu unha delas. Non está claro até que nível era consciente dos diferentes nomes faraónicos dos governantes de había moito tempo (e tiña nomes alternativos para algúns). Non se coñecen todos os nomes diferentes de cada governante.

Como consecuencia, non escolleu consistentemente dos cindo tipos diferentes de nomes, mais nalgúns casos é posíbel unha transliteración directa. Así, Men ou Meni (nomes de Fillo de Ra e de lista real) convírtese en Menes (oficialmente, este é o primeiro faraón da primeira dinastía, Aha), mentres que Menkauhor/Menkahor (nomes do Trono e de lista real, o nome de Horus é Menkhau e o nome de Fillo de Ra é "Kaiu Horkaiu[...]") transcríbese como Menkheres. Noutros acúrtase, como A'akheperen-Re (nomes do Trono e de lista real), que se convirte en Khebron (Tutmosis II). Nalgúns outros mudaron as consonantes por razóns descoñecidas, como Tausret que acaba sendo Thouoris (Tausret). Existen máis nomes conflitivos nalgúns dos governantes das primeiras dinastías. De outros non se pode reconstruir a forma orixinal en exipcio.

Actualmente úsase as transliteracións de Manetón para os textos máis populares e as das listas reais nos máis eruditos. A división en dinastías continúa a ser a base de todas a historia do Exipto Antigo.

[editar] Ver tamén

[editar] Vínculos externos

Static Wikipedia 2008 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2007 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2006 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu