Manila
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Manila é a capital e cidade principal de Filipinas. Localízase na illa de Luzón, á beira da ampla bahía do seu nome que se abre ó Mar do Sur da China. Con diferenza é o máis importante centro económico, comercial, industrial, financieiro e cultural do país a máis de o séu maior porto. Aínda que a cidade en sí conta con 1.581.082 habitantes (2000), arrodéase duhna vasta coroa metropolitana que fai da aglomeración resultante unha das maiores do mundo (15.980.000, 2001)
Había un asentamento musulmán na desembocadura do río Pasig cando, en 1571, arribaron conquistadores españois ao mando de Miguel López de Legazpi que o destruíron fundando no séu lugar unha colonia amurallada, Intramuros, berce da cidade actual.