Manuel Leiras Pulpeiro
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Manuel Leiras Pulpeiro (Mondoñedo, 1854- Mondoñedo 1912) foi un escritor galego do Rexurdimento.
[editar] Biografía
Estudou Latín e Humanidades no seminario mindoniense, e Medicina en Madrid. Exerceu a Medicina en Mondoñedo, cun grande recoñecemento popular.
Foi republicano, e chegou a ser Presidente do Comité Republicano Federal de Mondoñedo Liberal. Anticlerical, o seu talante creoulle numerosas dificultades en Mondoñedo, sé bispal, conseguindo manter as súas conviccións con total firmeza.
Rexeitou o nomeamento de membro da Real Academia Galega por coidar non merecelo, pero doou a esta Institución importante material etnográfico e lexical (refráns, cantares, adiviñas...) por el recollido. Escribiu un só libro, Cantares Gallegos (1911), con cántigas de tipo popular e de temática costumista, patriótica e sátira anticlérical, onde eleva á categoría de mito a figura do Mariscal Pardo de Cela.
Cantou a Mondoñedo e ás súas terras, a Galicia e ós seus problemas. Os seus restos recibiron sepultura no cemiterio civil de Mondoñedo.
Poucos anos despois da súa morte xuntáronse en Obras Completas (1930) as composicións que deixara inéditas, e en 1970 Xosé Luís Franco Grande publicou a Obra Completa de Leiras, recollendo outros inéditos.
Adicóuselle en 1983 o Día das Letras Galegas