Manuel Santa Cruz
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Manuel Ignacio Santa Cruz Loidi (Elduaien 1842 - Pasto (Colombia) 1926) foi un sacerdote e guerrilleiro vasco coñecido como o cura de Santa Cruz.
Santa Cruz era párroco de Hernialde, tras a revolución de 1868 realizou propaganda activa en favor do carlismo, detido en outubro de 1870, conseguiu fuxir cara Francia. En abril de 1872, ao comezo da Terceira Guerra Carlista atravesou a fronteira e púxose a cabeza dunha pequena partida, detido en agosto conseguiu fuxir dos seus captores e refuxiarse en Francia para pasar outra vez a fronteira en decembro para porse á fronte dos seus homes, actuou na provincia de Gipuscoa converténdose nun dos líderes guerrilleiros con máis sona pola súa valentía, pero tamén pola súa crueldade. Entrou en conflito cos mandos militares carlistas pola súa independencia e viuse obrigado a deixar a loita e pasar a Francia en xullo de 1873 para voltar en decembro por pouco tempo, exiliouse en Lille e Londres. ingresou na Compañía de Xesús e realizou un labor misioneiro en Xamaica e Colombia.