Mar Caspio
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O mar Caspio é un mar interior da Asia. Baña Rusia, Daguestán, Acerbaixán, o Turcomenistán, o Casaquistán e Irán, coas estepas da Asia Central ao norte e ao leste. Na antigüidade, coñecíase como o océano Hircaniano ou tamén mar Khazar e mar Khvalisian.
O mar Caspio é un dos menores mares do mundo. Segundo os científicos, tén características tanto dun lago coma dun mar. Cunha superficie de 400 mil km², tendo 1.200 x 450 km, representa o mais importante mar interior do mundo. A pesar diso, non tén o estatuto xurídico dun mar. A sua profundidade media é de 180 metros, cunha cota máxima de 1.025 metros, e a sua extensón costeira é de case 7 mil km.
O mar Caspio contén unha grande cantidade de esturión, do cal se extraen as ovas para as transformar en caviar. Sen embargo, a súa pesca excesiva ameaza esa poboación.
Recentes pesquisas anunciaron a presenza de reservas de petróleo nas profundidades deste mar.
Os ríos Volga e maisUral desaugan no mar Caspio, que se conecta ao mar de Azov polo canal Manych.
Mais o mar Caspio non recebe soamente auga da cunca do Volga: a contaminación resultante de case a metade da poboación rusa e dun tercio da produción industrial e agrícola das áreas do rio Volga explica os elevados niveis de contaminación en case toda a cunca hidrográfica. A falta de preocupación ambiental no período soviético foron un dos factores da degradación do mar Caspio.
Índice |
[editar] Morfoloxía
A morfoloxía do mar Caspio dividese en tres partes principais:
- a porción sur, onde se encontran as maiores profundidades, con 325 metros de média.
- a parte central, cunha profundidade média de 170 metros.
- a porción norte, que integra a depresión Aralo-Caspiana (depresión absoluta, da que a altitude média é de –28 m). É a parte mais rasa do mar, onde a profundidade non pasa dos 10 metros. Esta parte tamén é mais vulnerable aos impactos socio-ambientais, por estar situada xunto a áreas continentais baixas e chas, alén de posuir menor volume e profundidade.
[editar] Evolución do nivel
O Volga é responsable da maior parte do fluxo de auga que chega ao mar Caspio. Así, esta vía fluvial é fundamental para que se manteña o equilibrio acuático, a constitución biolóxica e química e maila oscilación do nivel da auga. Deste xeito, o que acontece arredor do vale do Volga repercute no mar Caspio.
O nivel do mar Caspio subiu e desceu ao longo dos séculos. Algúns historiadores apoian a teoria segundo a cal, durante a Idade Media, un aumento do nivel das augas teria provocado a inundación de cidades litorais da rexión de Khazaria, como a cidade de Atil. No século XX ocorreron polo menos trés grandes períodos de troco no nivel xeral da superficie do Caspio. Entre os anos de 1900 e 1929, practicamente non ocorreran variacións significativas de nivel. Entre 1930 e 1978, o nivel das augas presentou unha disminuición continuada, principalmente entre 1930 e 1941. A causa principal dese fenomeno foi a diminuición do fluxo de auga vida dos rios que alí teñen a sua foz.
A partir do 1978, o nivel medio do Caspio subiu cerca de 2,5 metros. As oscilacións de nivel, típicas en lagos ou mares pechados, causan impactos tanto no ponto de vista ambiental como na economia das áreas ribeirás. Tal escenario aconteceu no mar Caspio durante a prolongada queda do nivel das augas (1930/1977), cando especialistas acreditaban que esa era unha tendencia irreversíbel. Así, o goberno soviético realizou planexamentos economicos, considerando a continua baixa do nivel do mar. Cando o nivel subiu de novo, unha parte considerable do que fora construído, os danos do aumento do nivel acuático acabaran sendo maiores nos territorios chans da costa norte e nordeste, áreas pertencentes a Rusia. Os especialistas aínda non teñen explicacións para o recente aumento do nivel, nen unha previsón do que poderá ocorrer nun futuro próximo.
[editar] Cidades ribeirás
As principais cidades á beira do mar Caspio son:
- Bakú, Acerbaixán
- Turkmenbashi, Turquemenistán (antiga Krasnowodsk)
- Babol, provincia de Mazandaran, Irán
- Atyrau, Casaquistán
- Aktau, Casaquistán (antiga Shevchenko)
As cidades históricas á beira do mar Caspio:
- Atil
- Khazaran
[editar] Algúns datos
- Superficie: 371000 km².
- Dimensións: 1210 kn de norte a sur e de 210 kn a 436 kn de leste a oeste.
- Profundidade: Media: 170 m, máxima: 995 m.
- Altitude: 28 m por baixo do nivel do mar.
- Afluentes: Volga, Ural, Cura, Terek.