Mary Wollstonecraft
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Mary Wollstonecraft (1759-1797), institutriz, escritora e feminista inglesa, é principalmente coñecida polo seu panfleto contra a sociedade patriarcal coetánea.
En tanto que, en Inglaterra, se enfrontan reformistas e adversarios da Revolución francesa, Wollstonecraft non dubida en reconcilialos nun panfleto aparecido en 1792, Vindication of the Rights of Woman (Vindicación don dereitos da muller), traducido ao francés no mesmo ano sob o título de Défense des droits de la femme (Defensa dos dereitos da muller). Nel oponse e recrimina a explotación de que son vítimas as mulleres máis pobres, obrigadas ao traballo asalariado ou a cobrar os seus servizos sexuais a maneira das mociñas da pequena e media burguesía, privadas, de calquer perspectiva profesional polos prexuízos e a falla de educación, reducidas a buscar a obter un bon partido.
Casa en 1797 con o filósofo William Godwin, do que ten unha filla o 30 de agosto dese mesmo ano . O 10 de setembro seguinte, morre, posibelmente dunha [[febre puerperal]. A nena será coñecida, andando o tempo, con o nome de Mary Shelley (1797-1851). Esposa do poeta Shelley foi autora da célebre novela fantástica Frankenstein ou o Prometeo moderno.
Mary Wollstonecraft foi esquecida rapidamente en Francia, e redescuberta por Flora Tristan en 1840.