Materialismo dialéctico
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O materialismo dialéctico é considerado pola maioría de marxistas como a base filosófica do marxismo. Como o seu nome indica, é unha combinación da dialéctica hegeliana e o materialismo filosófico de Ludwig Feuerbach, Karl Marx e Friedrich Engels. Emprega os conceptos de tese, antítese e síntese para explicar o crecemento e desenvolvemento da historia humana. Inda que Hegel e Marx nunca empregaron o devandito modelo de tese, antítese, síntese nas súas formulacións, é agora empregado comunmente para ilustrar a esencia deste método.
Algúns teóricos marxistas, críticos do materialismo dialéctico, defenderon unha resituación do traballo de Engels Dialéctica da natureza na teoría marxista. Consideran que o termo materialismo dialéctico surxe co teórico ruso Georgi Plejanov e que Marx preferiu o termo concepción materialista da historia, posteriormente resumido como materialismo histórico por Engels. Isto limita o método a un contexto sociolóxico específicamente humano, non sendo, por tanto, unha teoría universal aplicable a tódolos campos científicos.
Mentres o materialismo dialéctico ten sido tradicionalmente asociado case en exclusiva co marxismo, hai quen argumentou que dita filosofía é aplicable a unha visión do mundo non marxista tamén.
Índice |
[editar] Materialismo
En esencia, o materialismo contesta a cuestión fundamenteal da filosofía dando preeminencia ao mundo material: resumidamente, o material precede ao pensamiento.
O materialismo considera que o mundo é material, que tódolos fenómenos no universo consisten en materia en movemento, e que tódalas cousas son interdependentes e están interconectadas, e se desenrolan de acordo cunha lei natural, que o mundo existe fora de nós e con independencia da nosa percepción, que o pensamento é un reflexo do mundo material no cerebro, e que o mundo é en principio cognoscible.
[editar] Dialéctica
A dialéctica é en esencia a lei máis xeral de desenvolvemento da natureza, sociedade e pensamento. As súas características principais son as seguintes:
- O universo non é unha mezcla accidental de elementos separados uns dos outros, senón algo integral, onde as cousas son mutuamente interdependentes.
- A natureza está nun estado de cambio constante.
- O desenrolo é un proceso no que os cambios cuantitativos insignificantes e imperceptibles levan á fundamental, os cambios cualitativos. Non ocurre gradualmente, senón rápida e abruptamente, a través do paso dun estado a outro.
- Tódalas cousas conteñen de seu contradiccións internas, as cales son a causa principal do movemento, o cambio e o desenvolvemento do mundo.
[editar] Leis da dialéctica
As tres leis fundamentais da dialéctica son:
- A lei da unidade e oposición de contrarios.
- A lei do paso dos cambios cuantitativos aos cualitativos.
- A lei da negación da negación.
[editar] Véxase tamén
Persoas
- Joseph Dietzgen
- Friedrich Engels
- Karl Marx
Conceptos
- Materialismo histórico
- Marxismo
- Dialéctica