Mecánica Estatística
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Mecánica estatística (ou física estatística) é o ramo da física que estuda os comportamento de sistemas con elevado número de entidades constituintes a partir do comportamento destas entidades. Os constituintes poden ser átomos, moléculas, íons, entre outros. É unha teoría reducionista, en oposición á holística termodinámica, que ten feición fenomenolóxica.
O estudo de tales sistemas en toda a súa complexidade é pouco práctico ou mesmo inviábel. Para contornar esa dificuldade o que se fai é esbozar un conxunto de simplificacións e atribuír unha serie de vínculos matemáticos, como a hipótese ergódica. Alén diso, a mecánica estatística divídese en áreas: mecánica estatística cuántica, mecánica estatística de equilíbrio, mecánica estatística do non-equilíbrio, etc.
Índice |
[editar] Histórico
Pódese dicir que a mecánica estatística naceu dos traballos de James Clerk Maxwell e Ludwig Boltzmann. Dos estudos sobre as partículas constituintes dos gases (átomos e moléculas) e dos niveis de enerxía resultou unha gran cantidade de informacións sobre as magnitudes macroscópicas baseadas soamente nas magnitudes microscópicas medias.
[editar] Colectividades (Ensembles)
[editar] Colectividade (ensemble) microcanónica
Unha colectividade (ensemble) microcanónica é un conxunto de réplicas de microsistemas identicamente preparados. Cada réplica ten os mesmos valores de masa(m), volume(V) e e enerxía (E), mais cada unha pode evoluír diferentemente a través do espazo de configuracións.
[editar] Colectividade (ensemble) canónica
Semellantemente, unha colectividade (ensemble) canónica é un conxunto de réplicas dun sistema, identicamente preparadas, onde cada unha ten valores definidos de masa(m), volume(V) e temperatura(T), mais non necesariamente a mesma enerxía, no que difire dunha colectividade microcanónica.
[editar] Colectividade (ensemble) gran-canónica
[editar] Ver tamén
- Problema de moitos corpos;
- Termodinámica;
- Estatística cuántica;
- Principio da equipartición da enerxía.
[editar] Libros
- Template:Referencia a libro
- Template:Referencia a libro
- Template:Referencia a librogl:Mecánica estatística