Meroveo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Meroveo, rei dos francos (desde 448 a 457). Deu o seu nome á dinastía Merovinxia.
Unha lenda conta que naceu da unión do seu pai Clodión o Cabeludo e dun monstro mariño, polo que os sucesores do trono de Francia virían sempre do mar.
Terceiro rei dos francos, o nacemento deste príncipe é un problema. Uns din que é fillo de Clodión. Outros pretenden que só era da familia. De calquera forma, é seguro que un príncipe con este nome reinou sobre os francos e que tivo como competidor ao trono a un fillo de Clodión. Foi polo seu nome polo que os reis da primeira dinastía foron chamados Merovinxios. A maioría dos historiadores cren que Meroveo estivo co exército romano na sanguenta batalla na que Aecio vence a Atila na chaira dos Campos Cataláunicos (Châlon-en-Champagne). Este príncipe morreu logo de dez anos de reinado. A historia non fala nin do número de fillos que tivo nin do nome da raíña, nai de Khilderico I, o seu fillo e sucesor.
Reino franco | ||
---|---|---|
Segue a: Clodión |
Meroveo (448-457) |
Precede a: Khilderico I |
Merovinxios |