Teodorico III, Rei franco
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Teodorico II (tamén Teoderico, en francés, Thierry III), fillo de Clodoveo II, naceu o ano 654 e morreu no 691.
Foi rei de:
Aínda que estaba apoiado polo mordomo de palacio Ebroin, foi expulsado do trono de Neustria polos partidarios do seu irmán Khilderico II, e encerrado nun convento. Despois do asasinato deste último no 675, no bosque de Lognes preto de París, mediante unha conxura organizada polos señores francos, que o xulgaban demasiado autoritario, sae do mosteiro e faise co trono de Neustria.
Á súa vez, Dagoberto, fora proclamado rei polos señores austrasianos no 674 e volve, despois do asasinato de Khilderico, para conquistar o trono de Austrasia, onde fora rei o seu pai. Pero contén mal a insubordinación dos grandes e termina sendo tamén asasinado no 679, á idade de 27 anos deixando o trono de Austrasia a Teodorico.
Pero Pipino de Herstal, mordomo de palacio de Austrasia, levántase en armas contra el e termina por expulsalo, concentrando nas súas mans os tres reinos de Austrasia, Neustria e Borgoña. Namentres, temendo un enfrontamento cos grandes señores francos, susceptíbeis e envexosos do seu poderío, permite que, baixo o seu control, Teodorico ocupe o trono dos francos, pero retendo Austrasia.
Teodorico III casou con Clotilde con quen tivo os seguintes fillos:
- Clodoveo IV (680-695) que substitúe ao seu pai á morte deste;
- Khildeberto III (683-711) que substitúe ao seu irmán á súa morte no 695.