Miliario
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Os miliarios (procedente do latín miliarius) son columnas cilíndricas, ovaladas ou paralelepípedas que se colocaban no borde das vías romanas para sinalizar as distancias (de mil pasos ou milla romana, unha distancia duns 1.450 metros) e indicar o trazado das vías construídas por eles para a explotación pesqueira, comercial ou militar.
A maioría deles presentan uns caracteres descoidados e rústicos, sen preocupación polo estilo. É un dos elementos precedentes do mundo pagán que foi posteriormente cristianizado por medio dunha cruz. Castelao afirma que "O Cruceiro" galego é fillo do miliario cristianizado. Acostumaban ser de granito, cunha base cúbica ou cadrada e medía entre 2 e 4 metros de altura, cun diámetro de entre 50 e 80 centímetros. Algun levaba inscricions gravadas directamente, dependendo da importancia da calzada ou da proximidade ou afastamento de Roma.