User talk:Milia
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
- Ola Milia. Benvida a este proxecto. Xa existe a páxina enxeñería. Un saúdo.--Xoán Carlos Fraga 16:30, 25 febreiro 2007 (UTC).
- Ola de novo, en galego é desenvolvemento (desarrolo non existe, e desenrolo case sempre se usa para desenvolver algo atado con fíos ou cordas). Outro saúdo. --Xoán Carlos Fraga 17:24, 25 febreiro 2007 (UTC)
[editar] Benvida
Benvido(a) Milia á Galipedia: esta é a túa páxina de discusión, que che servirá para recibir mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses, etc. Se tes dúbidas consulta: Tes a Taberna de Galipedia, onde podes pór as túas dúbidas, suxerencias ou comentarios. Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de discusión, se non, non lle sairá a mensaxe de «Tes mensaxes novas» e é moi posíbel que non se decate da túa resposta. Así mesmo, non esquezas asina-las mensaxes que deixes nas páxinas de discusión (con ~~~~). |
Boa estadía e bo traballo
- Unha nota: Os artigos enciclopédicos non levan sinatura, só debes asinar os comentarios que fagas nas páxinas de discusión. Podes ver as contribucións feitas a cada artigo no apartado historial do mesmo. --BaNjO talk 12:51, 26 febreiro 2007 (UTC)
[editar] Saúdo de Benvida
Benvido á Galipedia Milia. Grazas por unirte a este proxecto e por colaborar connosco na mellora do wiki. Se tes algunha suxerencia sobre o wiki, as páxinas de axuda ou todo aquilo que penses que pode mellorar a Galipedia para nós sería de moita axuda coñecela. Este proxecto ademais da Galipedia inclúe Wikisource para textos orixinais, o Galizionario para entradas de dicionario, Galicitas para citas textuais e Galilibros para a publicación de libros. Tamén hai unha extensión da comunidade galega en Commons —un repositorio de imaxes común a todos wikis—. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia en galego en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nos necesites aí nós tes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:56, 26 febreiro 2007 (UTC)
[editar] Imaxe, falta información de Image:Partrenzado.jpg
Pode que haxa que borrar o(s) ficheiro(s). |
Grazas por contribuir a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No(s) caso(s): Image:Partrenzado.jpg , Image:Cablecoaxial.jpg, Image:Fibraoptica.jpg cómpre incluir, ampliar ou aclarar a información do ficheiro. Para marcar as imaxes é preciso incluir a licenza e a táboa de información cos datos que identifiquen a súa orixe. En Wikipedia:Guía de carga de imaxes tes un titorial que che pode servir de axuda. É moi importante marcar correctamente as imaxes porque unha licenza errónea ou a falta de datos pode producir danos ao proxecto.
Pode usar esta ferramenta para atopar todas as súas imaxes. Se ten dúbidas sobre como incluir a información que falta podemos axudarlle. Grazas. --Prevert(talk) 17:42, 26 febreiro 2007 (UTC) |
Nas imaxes Image:Ciclodevida2.JPG, Image:Exemplointerface.JPG, Image:Ciclodevida.JPG ocorre o mesmo que o sinalado arriba. As licenzas e a fonte das imaxes é algo moi importante para os proxectos Wikimedia, o marcado correcto é fundamental para o bo funcionamento do wiki. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 21:28, 27 febreiro 2007 (UTC)