Wikipedia:Modelos
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Esta páxina explica como crear modelos (como na Galipedia lles chamamos aos templates). Para outros tipos de marcadores empregados, vexa Wikipedia:Mensaxes predefinidas.
Existen materiais, cadros ou simplemente partes ou listas que se repiten en moitas páxinas, e en lugar de escribilo manualmente cada vez que se queira introducir eses textos facemos un modelo que queremos que apareza automáticamente. Por exemplo, en todos os concellos de Galicia queremos que exista unha táboa que enlace co resto dos concellos (e que ten unha variación de contido moi concreta e particular: non é necesario que un concello se enlace a si mesmo): o máis doado é crear un cadro que se chamaría Template:Concello_info e para introducilo na páxina escribimos {{Concello_info}}.
Hai modelos que se limitan a incluír un texto invariable nun artigo, o mesmo para todos os artigos. Se se fai un cambio no template o troco propágase por todos os artigos sen ter que facer novas edicións (sería o caso do modelo sobre as capitais europeas da cultura). Hai outro tipo de modelos que poderíamos chamar moldes, porque admiten parámetros configurables para cada artigo. O aspecto visual é o mesmo pero os contidos diferentes (podes ver un exemplo nos artigos dos concellos galegos). Hai situacións máis complexas, nas que un campo pode mostrarse ou non en función de que haxa contido ou non, que un modelo chame a outros modelos, etc.
Así, por exemplo, no Template:Capitais europeas da cultura, nos artigos débese inserir co seguinte código {{Capitais europeas da cultura}}, pero resulta que cando se inclúe non se ve o contido senón que aparece un enlace en vermello que chama a outro template.
Analicemos o código:
{{Navigation Template | templateName = Capital europea da cultura | header = [[Image:European flag.svg|28px|Flag of the European Union]] | body = [[Image:European flag.svg|50px|right|Flag of the European Union]] 1985: [[Atenas]] · 1986: [[Florencia]] · 1987: [[Amsterdam]] · 1988: [[Berlín]] · 1989: [[París]] · 1990: [[Glasgow]] ·1991: [[Dublín]] · 1992: [[Madrid]] · 1993: [[Antuerpen]] · 1994: [[Lisboa]] · 1995: [[Luxemburgo]] · 1996: [[Copenague]] · 1997: [[Salonica]] 1998: [[Estocolmo]] · 1999: [[Weimar]] · 2000: [[Reikiavik]] · [[Bergen]] · [[Helsinki]] · [[Bruxelas]] · [[Praga]] · [[Cracovia]] · [[Santiago de Compostela]] · [[Avignon]] · [[Bolonia]] · 2001: [[Rotterdam]] · [[Porto]] · 2002: [[Bruxas]] · [[Salamanca]] · 2003: [[Graz]] · 2004: [[Genoa]] · [[Lille]] · 2005: [[Cork]] · 2006: [[Patras]] · 2007: [[Luxemburgo]] e rexión · [[Sibiu]] · 2008: [[Liverpool]] · [[Stavanger]] · 2009: [[Linz]] · [[Vilnius]] · 2010: [[Essen]] · [[Pécs]]· [[Estambul]] · 2011: [[Turku]] · [[Tallín]] · 2012: [[Guimarais]] }}<noinclude> [[Category:Capitais de Europa |*]] [[mk:??????:?????? ??????? ?? ??]] </noinclude>
Na primeira liña vemos {{Navigation Template. Isto indica que se está chamando a un template de nome Navigation Template que non existe na Galipedia. Débese a que non basta con transferir templates entre wikis para que estes funcionen. A continuación os parámetros: templateName = , header = , body = , son valores que actúan sobre ese modelo Navigation Template que non existe e fan referencia ao nome do modelo no que estamos traballando (Capitais europeas da cultura), á cabeceira e ao corpo do modelo. Neste caso o que interesa é o corpo do modelo. Nel podemos ver a relación de capitais (isto é o que nos interesa traballar). Na parte final aparece certo código entre as marcas <noinclude></noinclude>. Isto indica que o que estea aí situado non se engade á páxina do artigo pero si ao propio modelo. Neste caso unha categoría e o código interwiki.
Para modificar o código para que sexa unha táboa (con código) e funcione (sabendo facer táboas co código HTMl hai páxinas de Internet onde se pode facer a transformación automaticamente):
{|- |1985: [[Atenas]] · 1986: [[Florencia]] · 1987: [[Amsterdam]] · 1988: [[Berlín]] · 1989: [[París]] · 1990: [[Glasgow]] ·1991: [[Dublín]] · 1992: [[Madrid]] · 1993: [[Antuerpen]] · 1994: [[Lisboa]] · 1995: [[Luxemburgo]] · 1996: [[Copenague]] · 1997: [[Salonica]] 1998: [[Estocolmo]] · 1999: [[Weimar]] · 2000: [[Reikiavik]] · [[Bergen]] · [[Helsinki]] · [[Bruxelas]] · [[Praga]] · [[Cracovia]] · [[Santiago de Compostela]] · [[Avignon]] · [[Bolonia]] · 2001: [[Rotterdam]] · [[Porto]] · 2002: [[Bruxas]] · [[Salamanca]] · 2003: [[Graz]] · 2004: [[Genoa]] · [[Lille]] · 2005: [[Cork]] · 2006: [[Patras]] · 2007: [[Luxemburgo]] e rexión · [[Sibiu]] · 2008: [[Liverpool]] · [[Stavanger]] · 2009: [[Linz]] · [[Vilnius]] · 2010: [[Essen]] · [[Pécs]]· [[Estambul]] · 2011: [[Turku]] · [[Tallín]] · 2012: [[Guimarais]] |}<noinclude> [[Category:Caixas de navegación de Europa]] [[en:Template:European Capital of Culture]] </noinclude>
A mudanza dá como resultado o seguinte:
1985: Atenas · 1986: Florencia · 1987: Amsterdam · 1988: Berlín · 1989: París · 1990: Glasgow ·1991: Dublín · 1992: Madrid · 1993: Antuerpen · 1994: Lisboa · 1995: Luxemburgo · 1996: Copenague · 1997: Salonica 1998: Estocolmo · 1999: Weimar · 2000: Reikiavik · Bergen · Helsinki · Bruxelas · Praga · Cracovia · Santiago de Compostela · Avignon · Bolonia · 2001: Rotterdam · Porto · 2002: Bruxas · Salamanca · 2003: Graz · 2004: Genoa · Lille ·
2005: Cork · 2006: Patras · 2007: Luxemburgo e rexión · Sibiu · 2008: Liverpool · Stavanger · 2009: Linz · Vilnius · 2010: Essen · Pécs· Estambul · 2011: Turku · Tallín · 2012: Guimarais |
Con ese código xa funciona pero só inclúe o texto sen ningunha caixa. Para que se pareza ao modelo que existe en inglés hai que facer algúns cambios que se fan coa etiqueta style (é unha característica das chamadas follas de estilo, un sistema para controlar o aspecto visual das páxinas web).
{|style="border:#cccccc 1px solid;margin: 0 2em 0 2em;" |- |style="background-color:#efefef;" colspan="2" align="center"| [[Image:European flag.svg|28px|Flag of the European Union]] '''Capitais Europeas da Cultura''' |- |style="font-size:0.9em; margin:0.5em;"| 1985: [[Atenas]] · 1986: [[Florencia]] · 1987: [[Amsterdam]] · 1988: [[Berlín]] · 1989: [[París]] · 1990: [[Glasgow]] ·1991: [[Dublín]] · 1992: [[Madrid]] · 1993: [[Antuerpen]] · 1994: [[Lisboa]] · 1995: [[Luxemburgo]] · 1996: [[Copenague]] · 1997: [[Salonica]] 1998: [[Estocolmo]] · 1999: [[Weimar]] · 2000: [[Reikiavik]] · [[Bergen]] · [[Helsinki]] · [[Bruxelas]] · [[Praga]] · [[Cracovia]] · [[Santiago de Compostela]] · [[Avignon]] · [[Bolonia]] · 2001: [[Rotterdam]] · [[Porto]] · 2002: [[Bruxas]] · [[Salamanca]] · 2003: [[Graz]] · 2004: [[Genoa]] · [[Lille]] · 2005: [[Cork]] · 2006: [[Patras]] · 2007: [[Luxemburgo]] e rexión · [[Sibiu]] · 2008: [[Liverpool]] · [[Stavanger]] · 2009: [[Linz]] · [[Vilnius]] · 2010: [[Essen]] · [[Pécs]]· [[Estambul]] · 2011: [[Turku]] · [[Tallín]] · 2012: [[Guimarais]] |} <noinclude> [[Category:Caixas de navegación de Europa]] [[en:Template:European Capital of Culture]] </noinclude>
Este é o novo aspecto do modelo:
1985: Atenas · 1986: Florencia · 1987: Amsterdam · 1988: Berlín · 1989: París · 1990: Glasgow ·1991: Dublín · 1992: Madrid · 1993: Antuerpen · 1994: Lisboa · 1995: Luxemburgo · 1996: Copenague · 1997: Salonica 1998: Estocolmo · 1999: Weimar · 2000: Reikiavik · Bergen · Helsinki · Bruxelas · Praga · Cracovia · Santiago de Compostela · Avignon · Bolonia · 2001: Rotterdam · Porto · 2002: Bruxas · Salamanca · 2003: Graz · 2004: Genoa · Lille · 2005: Cork · 2006: Patras · 2007: Luxemburgo e rexión · Sibiu · 2008: Liverpool · Stavanger · 2009: Linz · Vilnius · 2010: Essen · Pécs· Estambul · 2011: Turku · Tallín · 2012: Guimarais |
A presenza ou ausencia dun modelo nunha páxina depende de varias cuestións, unha delas é que non sexa redundante co sistema de categorías e que non recargue excesivamente a páxina cunha chea de caixas.
Categorías: Axuda | COMOs