Monocotiledóneas
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Chámaselles monocotiledóneas ás plantas que teñen un embrión cun só cotiledón que o desenrolarse dará lugar a unha folliña. As monocotiledóneas forman unha das grandes clases nas que se dividen as anxiospermas , a outra é dicotiledóneas.
Ademais desta característica fundamental as monocotiledóneas comparten es seguintes características:
- Talos: non forman madeira e non existe un verdadeiro tronco. Algunhas monocotiledóneas, como as palmeiras, teñen aspecto de árbores poro non son verdadeiros árbores
- Follas: presentan os nervios principais paralelos.
- Flores: fundamentalmente trímeras : 3 sépalos, 3 pétalos, 2x3 estames, 3 carpelos.
O millo, ou maínzo, e a maioría das herbas que conforman un céspede son exemplos de monocotiledóneas.
- As monocotiledóneas están actualmente divididas en 5 subclases :
- Alismatidae
- Arecidae
- Commelinidae
- Liliidae
- zingiberidae
[editar] Véxase tamén
- Clasificación filogenética APGLiliopsida