Montpellier
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Montpellier é unha cidade francesa con máis de mil anos de historia e cunha arquitectura que mestura o antigo e o moderno. É a capital do departamento Hérault e da rexión francesa do Languedoc-Rousillon. O nome Montpellier provén de mont pelé, o monte pelado, en función da súa escasa vexetación.
A súa poboación, estimada en 1999, era de 229.055 habitantes, ascendendo a 459.916 ao se incluir toda a rexión metropolitana que a circunda.